xosé maría dobarro

Pedestrismo

Sempre foron en Ferrol e non nas quimbambas, como o París-Dakar, por exemplo.

Brazaletes

Algo para min tan obvio como que nas múltiples ocasións en que saquei un abono dun club deportivo o fixen para ir ver os partidos -todos, a non ser por causas de forza maior- en vivo e en directo.

Supercopa

alia a derrota do Barça –equipo do que son moi parcial, como nunca ocultei– teño que recoñecer que pasei dúas horas magníficas vendo o partido que enfrentou o club catalán co Real Madrid na primeira das semifinais da Supercopa.

O ano que marchou

Aí están, como vostedes seguro que tamén viron, as críticas aos que non queren vacinarse -cando noutras partes do mundo carecen de vacinas-; ao pouco que se fai para resolver o problema do cambio climático -coa música de fundo do “The End” dos Doors e o recordos dos 50 anos da morte de Jim Morrison-; ao vergoñento asalto do Capitolio norteamericano; ao que motiva as masivas migracións e os ataques fascistas aos xestos solidarios (Luna e Abdou); aos casos de desigualdade e inxustiza -1000 días de cadea por querer conducir como os homes-; á violencia contra as mulleres; ao aumento dos delitos de odio, lembrando, diante da estatua de García Lorca, o brutal asasinato de Samuel, na Coruña...Tamén se recordan personaxes relevantes mortos, como Almudena Grandes –presente nos magníficos versos de Luís García Montero, ditos por el mesmo– ou os cen anos que cumprirían Fernán Gómez e Berlanga.

Enigmas

E continuou: -Imos deixar o do nadal -aínda que non acreditemos na ciencia ficción nin nas vidas noveladas-, pero non o da cuestión do idioma.

Unha presentación

A sabendas de que non era dos días máis indicados para andar de aquí para aló, decidín achegarme a Ferrol á presentación de Pasaba por alí.

Esas enganosas porcentaxes

Efectivamente, os votos aprobatorios do texto constitucional foron máis do 90% -o 91,81%-, mais esa non é a porcentaxe dos cidadáns con dereito a voto, senón dos que foron votar.

Racing

A miña tendencia nese tempo a ter anxinas se mollaba os pés debeu ser o motivo de non ter podido ir ao campo ese día.Logo ao Racing tocoulle vivir moita terceira e o Deportivo non andaba por esa categoría, co que, de non estar errado, o primeiro partido entre os clubes que vin foi no Concepción Arenal de 1967, onde se impuxo o Racing por 1 a 0.Despois, entre estudar e vivir fóra de Ferrol e o feito de coincidiren pouco na mesma categoría, nunca me cadrou poder ver outro enfrontamento ata outro Concepción Arenal, o de 2017, cando venceu o Deportivo por 4 a 1.

Unha interesante exposición

A exposición pódese visitarta o 30 de decembro, en horario de tarde das 5 ás 8 da tarde.

Ara do mar

Ao tempo, é tamén unha antoloxía bilingüe, dado que todos os poemas -agás, naturalmente, os que utilizan o galego como idioma vehicular- podémolos ler no idioma orixinal e na versión en galego, traducións nas que participaron un bo número de tradutores, algúns deles, autores tamén de poemas galegos que recolle este interesante volume.En boa lóxica, o galego é o idioma maioritario e nel están escritas ao redor das tres cuartas partes dos dous centenares de composicións que esta Ara do mar nos brinda.

Cine e covid-19

ai por volta de un cuarto de século que descubrín o malo que era practicamente todo o que se podía ver na televisión en aberto nos Estados Unidos.

Versos de Camões musicados

En calquera caso, houbo declaracións favorables a cantar Camões ou calquera outro poeta dos ditos cultos como tamén radicalmente contrarias.

Sanidade

Dubido que así fose de estaren as dereitas no poder e de non dispor da sanidade pública da que aínda desfrutamos, malia que esas dereitas tentan erosionanala día a día para poñer en mans de negociantes da saúde aquelas prestacións que se consideran altamente rendibles.O obxectivo de aminorar ao máximo as posibilidades de transmisión levou á suspensión ou á restrición de determinadas actividades sanitarias, entre elas, a máis común, a da atención presencial en determinados servizos, substituída en boa medida pola atención telefónica, que, como todo bo profesional sabe, nunha boa parte dos casos, non é nin moito menos o mesmo.

Viaxes papais

Sería importante.E neste caso das manifestacións papais creo que houbo xente que ou non escoitou, ou, caso de facelo, non lle dedicou nin medio segundo a pensar no escoitado antes de botar a lingua a pacer.

Unha notable perda

E que dicir de Elsinor Teatro, Casa Hamlet...Non podemos deixar de lado, porque non foi obra menor, nin moito menos, o importante labor tradutor de Pancho Pillado para incorporar ao teatro en galego textos de importantes dramaturgos foráneos.Á marxe do mundo teatral cómpre referirse ao destacado traballo desenvolvido á fronte da editorial Laiovento da que foi un dos fundadores e que deu á luz títulos moi relevantes, mais deses que non adoitan interesar ás editoras máis convencionais.O mundo da cultura non pode menos que estar entristecido pola morte dun incansable loitador ao seu servizo.Por máis voltas que lle dei, cando souben a mala nova do seu pasamento, non fun quen de visualizar o momento en que o coñecín; cando, e en que circunstancias, tiven a sorte e o pracer de falar con el por vez primeira.

Impostos

Non obstante, hai aspectos, tanto positivos como negativos, que me chamaron a atención.Paréceme moi positivo que non estea ben visto non declarar todos os ingresos sobre a renda, pagar sen factura para aforrar o IVE, aplicar deducións que non corresponden, ou recibir prestacións de xeito fraudulento..., pois semella contradicir iso de que eran pouco menos que parvos os que cumprían coas súas obrigas tributarias, que adoitabamos escoitar nos bares.Tamén me congratula saber que é bastante superior a porcentaxe de xente entrevistada que manifestou ser partidaria de mellorar os servizos públicos aínda que tivese que pagar máis impostos (20,9%) fronte á que preferiría pagar menos aínda que iso supuxese reducir servizos (3,8%).Resúltame alentador saber que un 81,2% dos preguntados considere que son moi poucos os recursos destinados a investigación, un 73,8 a sanidade e un 61,6 a educación, cifras que, ademais, contrastan co 17,5% que considera seren poucos os destinados a defensa.Non está mal tampouco saber que un 59% -aínda que non sexa unha cifra moi elevada- considera que o feito de non evadir impostos é moi importante á hora de falar da consideración de bos cidadáns ou cidadás.

Moncho Carpinteiro

Todos coñecemos casos de familiares moi directos que se odian, que non se falan, que se desprezan...

Xestos

Se o deporte é saúde, como se nos di, semella que non cadra moi ben ver ao seu redor nomes de produtos nocivos para a mesma.

Irresponsables

Intenta comprender que foi o que fallou, o que non se debeu facer ben de todo, para que o alumnado tivese unhas actuacións totalmente contrarias ao que durante meses se lles fora indicando que deberían facer para nin contaxiarse eles nin contaxiar os seus familiares.

Mandar e calar

recoñézome como amante do fútbol desde a máis tenra infancia, desde que teño recordos, se ben estimo que non cheguei ao grao de nacer berrando gol, ao xeito de todos os uruguaios, como, obviamente, de xeito metafórico e/ou hiperbólico, ten escrito Eduardo Galeano nesa delicia de libro que é El fútbol a sol y sombra (1995), e tamén noutros lugares.