Esas enganosas porcentaxes

Nos últimos días, nun dos suplementos que adoitan acompañar os xornais nas fins de semana -penso que o XLSemanal-, lin unha entrevista con Miquel Roca, na que o expolítico e, aos seus 81 anos, aínda avogado en exercicio -lembremos que non hai tanto que defendeu Cristina de Borbón no caso Nóos, por encargo do seu amigo o emérito- declaraba que era partidario dos consensos maioritarios -e quen non?, pregúntome-, porque poñía en dúbida as garantías que podían ofrecer as reformas aprobadas cun 50,01 por cento dos votos. A entrevista viña a conto do aniversario -o cuadraxésimo terceiro- do referendo da Constitución e das voces que se escoitan sobre a necesidade de lle introducir cambios. A este respecto, o expolítico catalán manifestaba: “La Constitución se aprobó por más del 90 por ciento de los ciudadanos”. Cito textualmente polo apuntamento que tomei -dado que me chamou moito a atención- cando o lin. Efectivamente, os votos aprobatorios do texto constitucional foron máis do 90% -o 91,81%-, mais esa non é a porcentaxe dos cidadáns con dereito a voto, senón dos que foron votar. Isto é, un escaso 60% do censo electoral.

Esas enganosas porcentaxes

Te puede interesar