Acuse de recibo

Lin con todo interese e atención a carta que, hai un par de semanas, me remitiu Amadeo Varela -con quen comparto afección e amor polas cores do Racing- -na súa columna semanal do noso Diario, da que son lector habitual. Agradézolle de veras esa común preocupación pola intrigante letra da canción popular -inicialmente infantil, penso- “Alecrim” ou “Alecrín”, segundo se cante ao norte ou ao sul do Miño. Por ver de pór unha pouca de orde no tema púxenme en contacto co vello e querido amigo Xosé Antón Fraga, doutor en Bioloxía, investigador rigoroso da ciencia no noso país. O primeiro que me manifestou é que López Seoane -de quen eu reproducira un parágrafo seu citando a presenza do alecrín na zona de Ferrol por volta de 1866- nesa altura sabía moito de insectos, mais non de botánica, polo que non o debiamos tomar como referencia de autoridade neste tema. Do asunto pensa que non ten moi doada e comprobable explicación –haberá que seguir investigando–, se ben expresou o convencemento de que o alecrín non é a flor do toxo e confirmou que na Botánica galega non existe unha planta chamada alecrín. Haberá que afondar na relación coa canción infantil inglesa “Golden Rosemary” e por aí. Seguiremos.


Acuse de recibo

Te puede interesar