Supercopa

|

alia a derrota do Barça –equipo do que son moi parcial, como nunca ocultei– teño que recoñecer que pasei dúas horas magníficas vendo o partido que enfrentou o club catalán co Real Madrid na primeira das semifinais da Supercopa. Ata o último suspiro non estivo nada claro quen ía conseguir o triunfo, emoción que engadir ao bo fútbol desenvolvido por ambos os equipos en boa parte do partido. Mentiría se dixese que me deu igual o resultado, porque prefería unha vitoria do Barça, mais non minto se declaro que o excelente xogo practicado polos xogadores do conxunto blaugrana mitigan a decepción. Abren, desde logo, unha xanela de esperanza para o que resta desta –por tantas cousas– atípica temporada. Aínda que gañar a liga sexa practicamente un imposible –haberá que se conformar con conseguir posto de champions–, non o é tanto poder obter mellor resultado tanto na Europa League como na Copa. E iso que os sorteos non depararon os rivais máis asequibles. O feito de ter visto actuar -aínda que a medio gas- xogadores tan importantes como Pedri ou Ansu Fati, despois de tantos meses de lesión é, sen dúbida, un estímulo para o equipo e a torcida, que se debe reflectir nese excelente xogo exhibido neste partido do mércores pasado. Boa xornada, na que botei en falta os brazaletes morados. Haberá que falar diso.

Supercopa