Os seus derradeiros quince anos da súa vida pasounos en Madrid onde faleceu en 1870.Pois ben, quen nos leva cara a Juan Flórez é Mercedes Puyol que traballou arreo nesta encomenda: seino porque vivín de preto este parto con cesárea e transfusión polo complicado da súa evolución, salvando obstáculos, visitando arquivos e ordenando documentos.
Tranquilo, no fútbol como na vida é normal arrimarse á ascua que máis quenta.
É a fórmula que se utiliza hoxe e que cambiou de xeito radical a esencia primitiva do que en realidade era unha verbena.Dicir verán e dicir tamén vacacións, tempo para que volvan os que están fora a pasar uns días en familia, esa si é unha festa grande, e que logo marcharán outra vez polo camiño que vai marcando a vida deixando na casa un baleiro grande enchido de nostalxia que un vai xestionando da mellor maneira posible.
E non me arrepinto, porque Sofía Espiñeira chegou a sorprenderme moi favorablemente.Cunha sinxela posta en escena ( a música de Sofía non necesita nada máis), e cunhas austeras pero concisas e moi axeitadas presentacións das cancións, foi debullando o seu traballo coa solvencia dunha veterana nestas lides a quen o medo escénico non fai efecto malia estar actuando na súa vila diante da súa xente.
A masa, como sabe tanto do fútbol e das súas tácticas reaccionou como soe reaccionar: cousa lóxica na masa.A verdade é que logo do pesadelo de ano que pasamos, un pouco de todo isto non ven mal para escaparmos dunha pandemia que non rematou.
E o meu desencanto céntrase nos chamados partidos de esquerda que en vez de faceren política segundo o seu ideario, andaron facendo non se sebe que, ou si se sabe: política que pouco ou nada ten que ver co humanismo, con darlle solución aos problemas que afectan á xente menos favorecida, con andaren na procura de que estean cubertas as necesidades básicas da poboación, en fin con todas estas cousas que sempre formaron parte do ideario dos partidos de esquerda.
Como o das franxas horarias non é novo ¿houbo algún beneficio para o usuario que pasaba o ferro a partires das doce da noite, ou enchufaba a lavadora ou o lavalouzas de madrugada?