Os Peregrinos

Rogelio Arias: “A obra de Rosalía é universal porque toca a fibra de calquera ser humano”

O músico e compositor fenés, xunto co seu compañeiro de Os Peregrinos Charlie Mysterio e a vocalista Lia Pamina, vén de editar, da man da discográfica Elefant, un EP de catro cancións titulado “Lúa Descolorida” no que poñen música a outros tantos poemas de Rosalía de Castro, “un referente da literatura universal”.