Xeopolítica e cultura

C hegou ás miñas mans o libro “La ambición estratégica de España”, editado por Dykinson, a iniciativa do Instituto Universitario Xeneral Gutiérrez Mellado. Unha aproximación –que necesita dun amplo debate– a conceptos e ideas que artellan as distintas estratexias diso que chaman “seguridade nacional” no momento actual, centrándose no que afecta ao Estado español, e á nosa relación con Europa, a América hispana e a OTAN. Como neófito evidente, quixera facer un par de apuntes. A moi poucas millas do porto de Ferrol pasa a grande autoestrada marítima do Atlántico, de mercadorías, que procedentes de todo o planeta van camiño do centro de Europa. Non hai que lembrar, polo tanto, a importancia estratéxica desta cidade e de toda a nosa infraestrutura naval. Hoxe infrautilizada e que necesita dunha modernización axeitada, alén da construción das F-110. No eido cultural, si, o castelán ten un papel central na posición estratéxica de España, mais obviar a relación coa Lusofonía, de xeito principal con Portugal e Brasil sería un craso erro. Talvez, algúns deberan pór en valor precisamente a Galicia, e o propio galego –como ponte natural– que no noso ensino debera estudarse xunto co idioma de Camões.

Xeopolítica e cultura

Te puede interesar

Manuel Cendán
José Castro López
Soledad Parral
Manuel Cendán
José Castro López
Soledad Parral