Abraham Cupeiro, o luthier, compositor, intérprete e investigador musical nacido en Sarria (Lugo), tense convertido nos últimos anos nun artista de referencia mundial co seu intenso traballo musical resumido e recollido nos discos “Os sons esquecidos”, grabado coa Real Filharmonía de Galicia en 2017; “Pangea” en 2020 ou “Mythos” en 2024, estes con a Royal Philarmonic Orchestra e ao que hai que engadir “Loira”, que se presenta agora e no que o artista interpreta temas cos instrumentos que el mesmo fabrica ou que adquire a través das súas investigacións e viaxes o redor do mundo e con temas que saen por primera vez á luz que sonarán esta vez no Auditorio de Ferrol que anuncia xa cheo absoluto.
Abraham. Por que este título de “Loira”? Que significa?
Loira é o nome da miña cadeliña que ademais de ser unha maravilla é mestiza. Pensei que encaixaba a mestizaxe de Loira coa mestizaxe da música que configura o propio disco, no que poida parecer que os temas non teñen que ver uns cos outros, pero presentan o denominador común de ser unha amalgama do esquecido, musical, temática e instrumentalmente.
Sempre no seu labor de restablecer estes sons antigos. Con que instrumentos nos sorprenderá esta vez?
Pois por exemplo cunha “corna galega”, atopada fai aproximadamente corenta anos por Carlos Tallón e que apareceu nun monte xunto a un candil de carburo. Este instrumento estaba perdido na nosa tradición. Con el interpreto un “canto de arrieiro”, tamén esquecido, xunto a David Salgado. Escoitaremos o “dord”, unha trompa irlandesa da Idade de Bronce e voz de Matthew Work interpretando un poema en gaélico baseado en textos do século XVI. Estará meu “buque insignia”, o “carnyx”, e tamén outros instrumentos que encontrei en sitios moi diversos, coma un conrnetín de 1870 que decoraba unha tenda en Lavapiés, en donde tiven a ocasión de adquirilo. Un ancestro que é vestixio dos actuais e que merece unha segunda oportunidade.
Algúns dos temas que poderemos escoitar son populares, pero a meirande parte son propios, na súa faceta como compositor.
No meu primeiro disco, “Pangea”, xa había temas meus combinados con outros incluso de música clásica; mais nos últimos anos a música xa é propia. En “Loira”, concretamente, un 60% dos temas son da miña creación e un 40% son temas tradicionais.
En que se inspirou para crear estas melodías?
Pois neste caso na historia da tradición oral que moitas veces fori marxinada e discriminadas. Tanto do mundo urbano como do rural. Non son historias épicas, senón de xentes humildes, de xentes “de barrio”, ou “de campo”, por así dicilo. Historias de beleza cautivadora da tradición viva, que non aparecen nos libros e que merecen ser recordadas.
Por exemplo?
A de a orixe ao claqué, que aparece da fusión de bailes irlandeses de zocas, bailes africanos e tradicións musicais afroamericanas. Outra vez Lavapiés, un barrio humilde ao que chegan persoas procedentes de culturas muy diversas: rumanos, árabes, xudeos…Outro tema está adicado a historia dos “tingers”, viaxeiros irlandeses que manteñen a súa identidade cultural e as suas propias raíces…e tamen historias do rural, reivindicando por exemplo o paraíso natural que temos en Galicia que é paradóxicamente abandoado.
Desde Galicia, desde a “Terra Chá”, recorre o mundo enteiro…
Teño máis de 130 concertos ao ano polo mundo enteiro. Por exemplo, ultimamente estiven en Barbican Centre en Londres actuando coa London Synfhony Orchestra. Acabo de facer unha xira por Canadá, que rematou en Toronto; actuei en Tasmania coa Orquesta de Birmingham, coa Orquesta Nacional de Escocia e en España practicamente con todas as orquestas que hai.
E ahora aquí, en Ferrol. Quesignifica voltar a esta cidade para Abraham Cupeiro?
En Ferrol respírase a música. Houbo grandes agrupacións e notase que o público acostumbra a ir aos concertos. A xente é aberta, receptiva, cultivada e sempre entregada. A conexión establécese dende o primeiro momento.
Efectivamente. Ferrol “ama a canción”, ou o que é o mesmo que decir que Ferrol “ama a música”. As entradas xa están esgotadas, o que augura un gran éxito. ¡Omnia Bene!.