O Bloque esíxelle ao Goberno central accións para garantir a actividade e os postos en Alcoa

Néstor Rego afirma que o Executivo mantén coa empresa “unha actitude permisiva e opaca”
O Bloque esíxelle ao Goberno central accións para garantir a actividade e os postos en Alcoa
O deputado do BNG, Néstor Rego, á súa entrada no Congreso | Archivo El Ideal Gallego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) reclamará ao Goberno central “actuacións urxentes” para poder “garantir” a continuidade da actividade industrial e de mantemento dos postos de traballo na pranta de Alcoa, n alocalidade lucense de San Cibrao.


Desta maneira o explicou, o deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, após as últimas comunicacións da empresa ao persoal.


Neste senso, preguntará ao Executivo central na Comisión de Industria que accións iniciará para asegurar o mantemento da actividade e o emprego.

 

Acumulación de pretextos


O deputado nacionalista  criticou que Alcoa “continúe acumulando pretextos para non cumprir cos compromisos adquiridos”, e tamén que o Goberno central “manteña unha actitude permisiva e opaca”.
“É inaceptable que o Ministerio de Industria actúe como cómplice dunha estratexia que parece encamiña a pechar a planta, igual que xa sucedeu na Coruña e Avilés”, asegurou Rego.


A continuación, o parlamentario en Madrid remarcou que hai un Memorando de Entendemento “asinando entre empresa, Ministerio e Xunta de Galicia que non é público e que o comité de empresa descoñece, pero percíbese que non garante nin os investimentos previstos nin o futuro da fábrica”. 

O Bloque esíxelle ao Goberno central accións para garantir a actividade e os postos en Alcoa

Te puede interesar