Os traballos multimedia sobre economía circular do alumnado universitario poden ter premio

O primeiro galardón está dotado con 1.300 euros e os tres accésits contan con 300 euros
Os traballos multimedia sobre economía circular do alumnado universitario poden ter premio
Imagen de una entrega anterior de este premio | CEDIDA

A cátedra Epifanio Campo da Universidade da Coruña acaba de convocar o III Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo, que está adicado ao fundador do Grupo Rodonita, impulsor da propia entidade e pioneiro no ámbito da economía circular e a xestión ambiental. Estes galardóns diríxense ao estudantado matriculado nun grao, máster ou programa de doutoramento da UDC, nos cursos 2024-2025 ou 2025-2026, que disporá do verán para preparar a obra.


Os interesados deberán elaborar unha proposta multimedia, incluíndo fotografía, infografía, ilustración, vídeo ou animación 2D e 3D, co obxectivo de divulgar determinados aspectos científicos relacionados coa economía circular, a auga, a enerxía e a xestión e valorización dos residuos industriais. Dende a organización advirten que non se valorarán traballos sobre a xestión de residuos sólidos urbanos, domésticos ou asimilables. Poderase participar tanto de maneira individual como colectiva e en calquera dos dous casos existe un máximo de dúas solicitudes, que deberán presentarse antes do 17 de setembro.

 

A proposta que obteña unha mellor valoración por parte do tribunal, que estará composto por representantes do Grupo Rodonita e da cátedra Epifanio Campo, recibirá un premio dotado con 1.200 euros. Ademais, entregaranse tres accésits de 300 euros cada un e as inscricións formalizaranse por medio duns formularios recollidos na páxina web da Fundación Universidade da Coruña –FUAC–. Esta nova iniciativa responde ao obxectivo fundamental da cátedra, constituída en 2019 para fomentar a investigación, a formación e a divulgación no eido do medio ambientee, a sustentabilidade e a xestión residual. 

Os traballos multimedia sobre economía circular do alumnado universitario poden ter premio

Te puede interesar