Rosa Serantes pon rostro á inserción laboral do proxecto “Cara ó emprego” en Ferrol

Esta nai dun fillo de 6 meses ten 36 anos e acaba de conseguir un contrato na hamburguesería “Eder” grazas ao programa de Patronato Concepción Arenal que ten como meta a inserción laboral e a conciliación de mulleres en situación vulnerable
Rosa Serantes pon rostro á inserción laboral do proxecto “Cara ó emprego” en Ferrol
Rosa Serantes conseguiu emprego coa axuda de Patronato Concepción Arenal | Emilio Cortizas

Rosa Serantes Ribadulla é unha muller de 36 anos que ven de conseguir o pasado 9 de xullo  —grazas ao proxecto “Cara ó emprego” impulsado por Patronato Concepción Arenal— un contrato coa hamburguesería Eder, ubicada na Rúa Españoleto. Como parte deste programa de integración sociolaboral, a entidade firmou na mañá do día de onte un convenio coa empresa de hostelería.


“Cara ó emprego” está orientado a mulleres en situacións vulnerables co obxectivo de formar, orientar e axudar na búsqueda de emprego. Dende a asociación valoran o seus excelentes resultados e a importancia de iniciativas desta índole, remarcando o positivo que resulta que as mulleres socias da entidade “estén contratadas y no dependan de ayudas sociales”, explican dende o Patronato. Tamén queren transmitir unha idea de empoderamento da muller, tendo como meta principal o contrato como “salida más digna y enriquecedora”.

 

Un proceso con final feliz


Non é a primeira vez que Rosa Serantes traballa en hostelería, o sector que define como o que máis lle gusta, e admite que dende que comezou en Eder non ten ningunha queixa, resaltando o trato dos compañeiros, os descansos e as condicións en xeral, pois ao longo da súa traxectoria laboral non sempre atopou empregos con estas características.


Ela mesma admite que deu un paso moi grande ao facerse usuaria do programa o agosto do ano pasado, impulsada por malas experiencias en empresas. Un dos factores que supoñía un reto máis grande á hora da inserción no mundo laboral foi a conciliación coa familia, pois é nai de Dylan, un bebé de tan só 6 meses. Cando se lle pregunta acerca deste tema, admite que deixou de ser un desafío e que “ahora es posible”.

 

Un feixe de esperanza


Rosa transmite a todas aquelas persoas que pensan que non están a tempo de conseguir emprego unha mensaxe de esperanza baseado na súa propia experiencia, animando a quen se atope nesta situación a “que no se venga abajo, que tire para delante, que sí se puede trabajar”. Reitera o tema da conciliación, lembrando que hai guarderías –como a que xestiona a Deputación en Ferrol– que facilitan a crianza de fillos.

 

DSC8636 12121078
Firma del convenio este lunes en la hamburguesería | Emilio Cortizas

Tanto o Patronato Concepción Arenal como Eder amosan a súa ledicia non só ante o contrato de Rosa —que, afirman, “está funcionando muy bien”—  tamén ante esta nova alianza representada pola firma da colaboración


Beatriz Dorrio, directora e psicóloga da entidade social aprecia especialmente a oportunidade de que Rosa poida “salir por sí misma y sacar adelante a su bebé”. Pola súa parte, Eder considera a alianza como “una oportunidad para ambas partes” sobretodo para “esas chicas que  están en situación de vulnerabilidad”.

Rosa Serantes pon rostro á inserción laboral do proxecto “Cara ó emprego” en Ferrol

Te puede interesar