José Murado: “Gañar o Rally de Ferrol e organizar el Rallyshow nas Pontes é moi satisfactorio a nivel persoal”

O copiloto montou un evento que pretender ser moi atractivo para o público asistente
José Murado: “Gañar o Rally de Ferrol e organizar el Rallyshow nas Pontes é moi satisfactorio a nivel persoal”
José Murado, no centro, durante a presentación do Rallyshow Deputación da Coruña que tivo lugar no circuito de karting das Pontes | Cedida

Apenas cinco días despois de vencer no Rally de Ferrol, José Murado (Forcarei, 1986) volverá estar presente na comarca. Aínda que esta vez o pontevedrés terá un papel distinto, xa que organizará o Rallyshow Deputación da Coruña, que terá lugar nas Pontes. O copiloto asegura que “non estou nervioso”, pero ten ganas de que chegue o día para desfrutar “dunha proba que ten un cartel de luxo” e que busca dar difusión ao mundo do motor.

 

Como xurdiu o evento?
A verdade é que xurdiu porque tanto a Deputación da Coruña como o Concello das Pontes tiñan ganas de organizar un evento de automobilismo no circuito de karting para poñer en valor as instalacións e a súa aposta polo deporte do motor. Cando falaron con nós para facelo nesta data tiñamos un pouco de aglomeración de probas, pero puxéronnos moitas facilidades e era imposible dicirlles que non. Entón houbo que liarse a manta á cabeza e poñerse a pensar e organizar algo cun formato que fora atractivo para o público.

 

É unha maneira de acercar o motor ao público.
Ao final, a comodidade de poder ver unha proba de automobilismo nun circuíto supera con creces a ver un rali. Non te tes que desprazar en coche dun lado a outro. Imos ter gradas para o público e vas poder ver sentado todo o circuíto.

 

Ademais, aquí en Ferrolterra, hai moita afección polo motor. Iso vaise notar na afluencia.
Si. De feito, viuse esta fin de semana no Rally de Ferrol, que a pesar de estar nunha data na que moitos están de vacacións, houbo moito público. Pola zona hai moitas escuderías, equipos e afección. Esperamos ter unha gran afluencia.

 

Antes mencionaba que foi complicado sacar tempo para organizar a proba, pero que foi o máis difícil de acadar?
O máis difícil, sen dúbida, é cadrar as axendas dos pilotos para que poidan vir sen que lles trastoque os campionatos que están en marcha.

 

Cal é a actividade que máis vai sorprender ao afeccionado?
O formato que buscamos para a carreira é supervistoso. Buscamos que haxa un pouco de todas as modalidades do automobilismo. Vai haber pilotos de ‘drift’, de exhibición, con carcross... Ao público o que máis lle interesa é a competición en si mesma. Buscamos un formato de eliminatorias dende octavos de final con dezaseis equipos que se van a enfrontar en cada tanda ao mellor de tres “rounds”. Iso vaille dar moita vistosidade ao evento. Ademais, vanse facer saídas en paralelo como se fixeron sempre nas carreiras de campións. Iso é o máis atractivo.

 

Penso que a vitoria vai a estar moi reñida porque hai unha lista moi boa

 

Vai haber unha experiencia de copilotaxe e vostede é un dos máis recoñecidos tanto a nivel autonómico como nacional, dará uns consellos?
O sábado non vou ter moito tempo de dar consellos (ri). Sempre intento estar a disposición dos que queren aprender. Intento botarlles unha man aos que comezan porque lembro os meus inicios e sempre me gustaba aprender cos mellores.

 

No tocante á lista de pilotos, vese moito nivel. Hai algún que non pode estar e que lle gustaría que estivese?
Si. Sempre intentamos traer algo máis. Este ano non nos complicamos moito a vida. Si que é certo que en futuras edicións gustaríanos traer algunha figura internacional. Teño alguén en mente, pero non o podo desvelar porque vaime dar moito traballo conseguilo (ri). Agora mesmo temos unha lista espectacular. Ninguén vai botar en falta a ninguén porque os pilotos son moi bos.

 

Quen é o favorito para gañar?
Hai varios pilotos que sempre que están nunha competición son favoritos. Por exemplo, Víctor Senra ten un palmarés envidiable. Jorge Pérez demostrou no máster que se caen catro gotas está moi cerca dos R5 porque é un tío moi habilidoso. Raúl Hernández tamén é un piloto con moita habilidade e que neste tipo de probas da espectáculo. Creo que a victoria vai estar reñida.

 

Precisamente con Víctor gañou o Rally de Ferrol. Parece que nestas dúas semanas todo queda en Ferrolterra.
Sí. A verdade é que si. É unha racha satisfactoria poder disfrutar de Ferrolterra e dos seus tramos. Poder conseguir unha victoria máis nesa carreira e poder organizar isto en As Pontes é algo moi satisfactorio a nivel persoal.

 

Intentaremos que esta proba se asente no calendario e siga medrando

 

Polas súas palabras vese que xa está pensando en futuras edicións. Xa ten algo en mente para mellorar?
De momento non. Realmente no que traballamos é en conseguir unha lista de inscritos que sexa o máis atractiva posible. Obviamente, agora, cando fagamos a primeira edición, veremos algún erro e teremos que traballar sobre el, pero iso xa é o pan de cada día cando se organizan eventos.

 

A idea é repetir nas Pontes ou levalo a outros sitios da provincia da Coruña?
Un evento deste tipo é difícil movelo porque necesitamos facelo dentro dun circuíto, xa que as instalacións se adaptan perfectamente ao tipo de proba que estamos facendo. Por iso é algo máis complicado levalo a outro sitio. Aparte, neste caso é unha aposta da Deputación e intentaremos que sexa unha proba que se asente, que sexa fixa no calendario e vaia crecendo no tempo.

 

Por último, que lle pide ao Rallyshow Deputación?
Agora mesmo, mirando para o ceo, só pido que non chova, que nos acompañe o tempo e que todo o mundo poda disfrutar dun sábado moi entretido, divertido, moi competitivo e que o pasen moi ben. 

José Murado: “Gañar o Rally de Ferrol e organizar el Rallyshow nas Pontes é moi satisfactorio a nivel persoal”

Te puede interesar