Concello e Consellería de Vivenda acúsanse de lentitude nas licenzas

Concello e Consellería de Vivenda acúsanse de lentitude nas licenzas
O concelleiro de Urbanismo de Ferrol, Julián Reina

O concelleiro de Urbanismo de Ferrol, Julián Reina, reclamou onte á Xunta axilidade nas correccións solicitadas polo Concello para poder conceder licenzas aos proxectos do Plan Rexurbe en Ferrol Vello. Entre outras referiuse ao número 1 da rúa Argüelles, cuxa rehabilitación está rematada pero non se pode habitar porque faltan os traballos para dotala de subministro eléctrico. O tamén voceiro do goberno local detallou ademais a situación administrativa dos números 22-24 de Carme Curuxeiras, o 7 da rúa Rastro, o 8 de Curuxeiras e o 17 de Benito Vicetto.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda respostou cunha cronoloxía do intercambio de documentación co Concello coa intención de pór en evidencia a farragosa tramitación no caso ferrolán, cunha sucesión de requirimentos desde distintas áreas. “O atraso na concesión de licenzas afástase moito do proceder habitual”, apuntan, o que fixo que non se executaran tres millóns de euros en 2021. 


►A Xunta rehabilita oito fogares en Ferrol para dar teito a persoas en risco de exclusión

Concello e Consellería de Vivenda acúsanse de lentitude nas licenzas

Te puede interesar