A culpa é de China

o acaparamento por parte de China seica sería a razón principal para o aumento do prezo de diversos produtos. Agora ben, as cifras do comercio exterior do xigante asiático reflicten que no ano 2019 tiña un saldo ao seu favor de 392.993 millóns de dólares, e no 2020 de 515 mil millóns. Esta tendencia dábase tamén no primeiro semestre deste ano cando importaba por valor de 1.270 millóns de dólares, un 25,9% máis, e exportaba por valor de 1.520 millóns de dólares, un 28,1%. Son cifras que amosan que o país non está acaparando por regra xeral, senón todo o contrario, xa que gañou peso no comercio exterior malia o covid-19.

Polo tanto, o máis destacábel é que no comercio internacional se recuperou máis rapidamente das consecuencias económicas do covid-19 que outras nacións. Isto converteu a China nun lugar no que procurar moitos bens que antes se producían no país comprador ou noutras nacións por mor da pandemia. Outras cuestións a valorar é que pola escaseza haxa empresarios chinos que estean aproveitando para aumentar a taxa de gañancias. Tampouco se pode ignorar a subida de prezos nas materias primas que importa. Mais, se fose así, que algo hai, non serían os únicos, xa que é a consecuencia lóxica da globalización neoliberal (deslocalización industrial, concentración e centralización, economía de escala...).

Ao anterior hai que sumar o aumento do custe do petróleo e gas que se traslada tanto á enerxía como ao transporte, produción e comercialización (unha subida excesiva nunha actividade cun futuro incerto?). Tampouco se pode obviar que os aumentos, nalgúns casos astronómicos, se deben á especulación na Bolsa de materias primas, que tende a potenciar as tendencias para maximizar os lucros. Polo tanto, hai motivos para este medre dos prezos por mor da pandemia, distinta duración e incidencia na produción de recursos primarios e industrialización en cada país (ollemos o desmantelamento de determinados sectores na Galiza, como o do aluminio). Aínda así, unha política en China de acaparamento de certos recursos estaría xustificada polas sancións cada vez máis agresivas dos Estados Unidos.

É cedo para saber se esta tendencia á alza do custe dos bens, moitos deles esenciais, se manterá ou obedece á incidencia temporal na actividade produtiva do covid-19, así como á modificación de certos hábitos sociais por mor da pandemia (como o lugar de residencia, tipo de vivenda). Ao que hai que engadir a incidencia da flexibilidade cuantitativa, e os tipos de interese cero, e mesmo negativos, en materia de investimento.

A culpa é de China

Te puede interesar