Poesía salvaxe

|

Non sen problemas e problemiñas, puiden asistir ao acto de arranque da posta en escena da decimoterceira edición da Semana de Poesía Salvaxe que tivo lugar antonte no Teatro Jofre, en chuviñenta tarde de abril, por aquilo de facer bo o dito popular. A breve intervención de Guillermo Ferrández e Karlotti -con ese “Prólogo e epílogo para un manifesto nos tempos anémicos”-, incansables organizadores, deu paso a Eugenia Sanmartín -integrante tamén do grupo artellador, e á polifacética poeta galego-croata Déborah Vukusic e a Quico Cadaval, auténtico todoterreo da noso mundo cultural. O ramo púxoo a voz e a música de Luis Pastor, acompañado por Lourdes Guerra. Había tempo que non o escoitaba en directo -si o fago de cando en cando en versións gravadas, que non é o mesmo, claro- e tiña certo medo -somos dun tempo, el algo máis novo- de atopar unha voz avellentada. Non foi tal, vino en plenitude e desfutei de veras da súa intervención. O mesmo que meu neto Iago, que, como a xente dos seus anos, non está moi metido nesa música de cantautores. Sorprendeume que se lle fixese breve.


A única nota negativa a ubicación que nos deron. Como puido ser tan mala retirando as entradas no momento mesmo en que se comezaron a repartir. Alguén debería explicalo.

Poesía salvaxe