O tren Ferrol-Coruña

|

Hai uns días vía a sorpresa que tiña un amigo periodista, porque o ministro de Transportes José Luis Ábalos citaba, nunha roda de prensa, a Ferrol e á necesidade dunha nova liña de tren coa capital provincial.

Quizais este mínimo xesto amosa claramente a cuestión de fondo. Si, non estábamos nin na axenda.


Pero, se hai quen se pode “apuntar o tanto” é precisamente o actual alcalde de Ferrol, Ángel Mato. El reclamou a atención do presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e do propio ministro. Acertada foi a súa estratexia de sumar ao ex presidente Laxe, ao Eixo Atlántico e á propia alcaldesa da Coruña, Inés Rey.


Persoalmente, creo que sumamos, todos gañan. Por iso, aos críticos co alcalde, precisamente por exercer como primeiro edil de Ferrol, diríalles aquelo de Castelao: “non lle poñan chatas á obra”. Ademais non é unha cuestión de partidos, senón de peso político territorial. Súmense, xuntos podemos.

O tren Ferrol-Coruña