Caridade non, xustiza

As emisoras de RNE e as dúas cadeas da TVE por estas datas, desde hai 18 anos, levan a cabo, en colaboración coa “Fundación Crecer Jugando”, a campaña solidaria “Un juguete, una ilusión” que ten como finalidade recadar fondos para poder enviar xoguetes novos a crianzas a países pouco desenvolvidos de diferentes lugares do planeta. Na campaña ofértase un bolígrafo –este ano tamén unha libreta– ao razoable prezo de 5 euros contando co respaldo de persoas coñecidas do deporte, a música, os medios de comunicación... Xustifícase no recoñecemento polas Nacións Unidas do “dereito da crianza ao descanso e ao lecer, ao divertimento e ás actividades recreativas propias da idade”. Non vexo que en ningún momento se fale de xoguetes para nada. Non son imprescindibles para o lecer e o divertimento. As crianzas do meu tempo divertiámonos con calquera cousa. Que remedio! E eramos máis infelices que as de hoxe? O que acontece e que a citada fundación está promovida pola “Asociación Española de Fabricantes de Juguetes” e... claro. O problema é que se lle crean ás crianzas necesidades propias do capitalismo e, o que é peor, con base na caridade, cando esas crianzas do que precisan é de xustiza.

Caridade non, xustiza

Te puede interesar