RETRANCA

Aqueles que pretenden definir aos galegos como persoas retranqueiras e imprevisibles, soen dicir que, postos nunha escaleira, non se sabe se soben ou baixan e aplican esta definición como xeneralidade a todos os galegos e en calquera aspecto da vida. Mais coido que non se pode aplicar esa teoría a todos os nacidos na nosa fermosa terra.

Por exemplo, o sr. Rajoy non encaixa en absoluto nese perfil do galego, pois case sempre vai en ascensor. Ademais ten a rara habilidade de subir e baixar ao mesmo tempo, como cando baixa as prestacións e sube os impostos; ou sube as menciñas e baixa as pensións.

Por outra banda, tampouco se pode dicir que faga uso da nosa retranca. Non, de galego nada. Ese non é o seu estilo. El fala ven clariño para que todos o entendan. Primeiro di unha cousa e logo fai a contraria, pero iso si, sen ambigüidades. É como aquel que botaba o anzol sen cebo dicindo que el non enganaba a ninguén: “O que queira picar que pique”. E vaia se picamos!

 

RETRANCA

Te puede interesar