Na Historia sempre foi así. Uns nacen con estrela e outros estrelados. A deusa fortuna reparte de xeito desigual as súas gracias e algúns poden dicir o que se lle ocorra sen pedirlle permiso ás neuronas, e recollen sorrisos e aplausos, mentras que outros teñen que estar xustificando cada día a razonabilidade, demostrable, das súas opinións, mentras son observados con recelo e desconfianza. É a vantaxe que ten facer as cousas como Deus manda.
Así poden permitirse aplaudir anuncios como os dos recortes máis drásticos da historia sen avergoñarse, ou dicirlle aos parados que se “amolen” (non é literal), ou acusalos de comprar televisores de plasma cos subsidios… sen que o ceo ou a xustiza da razón caía sobre as súas cabezas. É que hai algúns que entenden que as urnas en lugar de apoios, dan patentes de corso para crear desfeitas e sabotear acordos, impoñendo visións unilaterais, con intencionalidade manifesta e destinatarios evidentes.
Que llo digan a Feijóo que sin nada que presentar á sociedade sube catro deputados e volve a anunciar máis recortes sanitarios. Ou aos novos conselleiros dos que ninguén sabe o nome. A outros, animados por tanto alento, como Gallardón, acabou por subírselle o ministerio á cabeza. Ou a Wert que entrou na Educación como elefante en cacharrería e insiste na desfeita do público intensa e fervientemente. Os gobernantes resucitan vellos combates para tapar duras realidades e sacalas así da vista da sociedade. Os políticos seguen sen defender a política e o top ten dos odios cidadáns téñena no punto de mira. Un erro que costará caro. Hoxe é miopía, mañán será cegueira.