Neda presenta mañá a súa revista anual nun acto que concluirá coa actuación do grupo Encrucillada

No acto tomarán parte o catedrático e exdecano da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol, José Luis Tasset Carmona; o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra; a concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón; e o director da publicación, Manuel Grueiro.


Neste novo volume recóllense, entre outros, artigos sobre a revolta popular do ano 1918, as lendas de Neda, e cerámica de Manuel Laso, as historias do Hispano-Argentino e as biografías do médico Malde Lapique así como as de Manuel Rodeiro e Andrés Perille, dous nedenses que deixaron a súa impronta no municipio.


O primeiro porque estivo exiliado en Moscú e o segundo por inventor e empresario de “mil negocios”, tal e como informan desde o municipio.


Desde o goberno municipal convídase á veciñanza a secundar coa súa asistencia unha iniciativa municipal que serve para coñecer tanto a historia local como os seus personaxes máis relevantes da man de colaboradores como Vicente Araguas, Fernando Cendán, Ánxel Rial, Elisa Vázquez de Gey, Sara Sequeiro e Manuela Santalla.
O acto concluirá coa actuación do grupo Encrucillada.

Neda presenta mañá a súa revista anual nun acto que concluirá coa actuación do grupo Encrucillada

Te puede interesar