A V asemblea, organizada na Coruña pola I.N.G. (LXXXI)

A V asemblea, organizada na Coruña pola I.N.G. (LXXXI)
Monumento aos Mártires de Sobredo (1932) obra de Camilo Nogueira Román

José Calvo Sotelo, nado precisamente en Tui e que nesa altura xa ocupara cargos de certa relevancia nas filas do maurismo e que non era político mal visto por certos sectores do nacionalismo galego, non desaproveitou a oportunidade de promocionarse que se lle brindaba e deu a luz, na primeira plana de El Ideal Gallego, de 5 de decembro de 1922, o artigo “Galicia doliente / El episodio de Guillarey”, no que, antes de entrar en materia, quixo deixar ás claras quen era e onde estaba situado:
“Bueno será recordar mi significación política, que es de ortodoxo derechismo, porque en las discusiones de estos días se ha forcejeado una vez más por los representantes de la vieja política con los gastados tópicos del orden, la tranquilidad pública, la lucha contra la revolución, etcétera, etcétera. Yo repugno airadamente todo sistema y toda propaganda que tienda a subvertir el régimen social imperante por medio de conmociones violentas; pero por los mismos motivos me está vedado prestar solidaridad a aquellos que apelan a la fuerza para mantener ese mismo régimen en un hermetismo inhóspito, incompatible con la más mínima evolución saneadora”.
Aínda que parece evidente que Calvo Sotelo, persoa con grandes ambicións políticas, ou tal vez por iso, pretendeu tirar partido da desgraza non deixa de chamar a atención sobre o feito de ter sido froito dunha situación a todas luces abusiva, tal como manifesta na parte final do seu artigo:
“En síntesis: si en Guillarey hubo tumulto sedicioso, lo reprochamos, aunque merezcan, quienes en él incidieron, toda suerte de atenuantes. Pero reprobamos con mayor energía la sedición secular que viven la mayoría de las autoridades populares y corporaciones administrativas de Galicia. Para la sedición agraria -suponiendo que haya existido- son motivos de exención el ultraje diario, la negación de justicia, el acorralamiento de la ciudadanía, las mil y mil afrentas, que una caciquería sin escrúpulo sabe inferir a quienes de ella osan disentir. Pero para la otra sedición, más farisaica y también más corrosiva, no hay eximente, ni siquiera atenuante: sólo hay un agravante, y es la de constituir un abuso de poder”.
Dous días despois, tamén en primeira plana, mais na do diario agrarista ourensán La Zarpa, Villar Ponte tamén se ocupaba do tema no artigo “Ao marxe da traxedia / No nazonalismo achase a nosa libertade”. Segundo a súa opinión despois das mortes de Guillarey, como se fixera en ocasións similares anteriores, habería de novo “de se berrare forte en centos de mitis e en centos de boletís”, mais iso de pouco había de servir porque “mentres Galiza non teña un ideal nazonal; mentres non gañen ás masas as ideias nazonalistas, eu dígovos que o caciquismo non morrerá nin a cibdadanía porá imporse, por moitos mitis de protesta que se fagan e por moitas froles de retórica que se debullen”. Se cadra por iso de non acreditar moito nos mitins de protesta ha ser que non achei ningunha referencia á súa presenza no acto do teatro Linares Rivas do domingo anterior, 3 de decembro.
Ramón Cabanillas, sempre atento ás loitas populares, escribiu para a tráxica ocasión
unha relixiosa e reivindicativa composición. O seu poema apareceu nun recadro, encabezado polo rótulo “Do Poeta da Raza, nas páxinas d’A Nosa Terra, de 15 de marzo de 1923, baixo o título “Galicia diante dos mártires de Sobredo” -logo, na 2ª edición de Da terra asoballada (1926), titulouno “Sobredo” e alterou a orde das estrofas- dicía:

¡Nai galega que diche o sangue xenerosa
para calmar a sede rabiosa da Impiedade;
nos agros de Sobredo froreceu unha rosa!
¡Ardente e sanguiñenta, agoira Libertade!
Son verbas de Dios mesmo,
de Dios Todopotente;
¡Co suor da tua frente
gañarás o teu pan!
¡Irmáns! Erguede o berro
e o legón aferrade!
¡Galicia e Libertade
do Traballo e do Chán!
¡Galicia encadeada con ferros de Castela
por fillos traicioneiros e por caciques-lobos,
no teu ceo azuado hai unha nova estrela!
¡Ardente e sanguiñenta, agoira o tempo novo!
¡Irmáns¡ ¡Erguede o berro
de amor e santidade!
¡Galicia e Libertade
do Traballo e do Chán!
son verbas de Dios mesmo
do Dios Todopotente.
¡Co suor da tua frente
gañarás o teu pan!


Por eses días en que vía a luz o poema de Cabanillas, isto é, tres meses despois dos infaustos sucesos de Sobredo, concretamente o 12 de marzo de 1923, Antón Villar Ponte escribíalle unha carta a Manoel Antonio que comeza:
“Querido Poeta: supoño que terá recebido un chamamento do Conselleiro Supremo pra a V Asambreia da I.N.G. que faráse na Cruña nas datas 17, 18 e 19 do mes autual.
Eu de xeito particular e extraoficial -e oficialmente no caso de que o Xefe non lle houbera dito nada- prégolle que, si pode, inda realizando un esforzo, non deixe de concurrire á Asambreia”.
O boticario vivariense aproveita a ocasión para lle dar os parabéns por ter rematado a carreira de piloto mercante.
O poeta rianxeiro respondeu en carta non datada, mais, en calquera caso, posterior á celebración da Asemblea:
“Eu sintín moito que, por moitas cousas, non pudese ir á Cruña; así ll’o diría xa o rapaz de Viveiro que foi d’eiquí (non me lembro agora d’o nome), e m’amostrou a carta de seu irmán. Pol-as contas a Asambreia resultou inmellorábel e os acordos oportunísimos; gostou-me moito de crear a Confederación de traballadores galegos, como tamén o de intensificar a propaganda en Santiago, pol-a necesidade que d’esto hai”.
O caso é que no xornal Galicia / Diario de Vigo, de sábado 17 de marzo de 1923 atopamos o breve solto “Los nacionalistas gallegos / Asamblea en La Coruña / Una delegación de Vigo” no que se informaba:
“Mañana comenzarán en La Coruña las sesiones de la quinta asamblea nacionalista gallega.
Concurrirán a ella representaciones de las delegaciones de I.N.G. en todas las ciudades de Galicia.
En la asamblea de La Coruña se tratarán con preferencia temas referentes a propaganda.
Ayer se reunieron los miembros de la Delegación de la I.N.G. en Vigo.
Acordaron enviar a la asamblea de La Coruña, una representación integrada por los señores Paz-Andrade y Pardo (D. Javier).
Las sesiones de la Asamblea se celebrarán el domingo y el lunes”.
Ao día seguinte, o domingo 18, este mesmo diario no solto, tamén breve, “Los nacionalistas gallegos / Asamblea en La Coruña” informaba de que:
“Hoy, según venimos diciendo, comenzarán en La Coruña las sesiones de la IV Asamblea de la I.N.G.
Al acto asisten significadas personalidades galleguistas. De Pontevedra van el formidable humorista Castelao y el profesor Losada Diéguez. Representarán al grupo nacionalista de Vigo nuestro director don Valentín Paz Andrade y el señor Pardo”.
O motivo de que o vigués Galicia preste esa atención puntual á Asemblea nacionalista, que non atopei en ningún outro diario, obedece, sen dúbida, tanto ao feito de ser unha publicación simpatizante do movemento como a que, tal e como se indica, Paz Andrade, o director, era un dos membros da delegación de Vigo no evento.

A V asemblea, organizada na Coruña pola I.N.G. (LXXXI)

Te puede interesar