A UDC leva hoxe ao Consello de Goberno o acordo para a posta en marcha da residencia estudiantil

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, informará hoxe, no decurso da sesión do Consello de Goberno da Universidade da Coruña, do informe sobre o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol e a propia institución académica para a posta en marcha, a partir do vindeiro curso académico, da que será a primeira residencia universitaria pública do campus local.
Como se lembrará, o acordo foi ratificado o pasado venres polo pleno do Concello ferrolán, co visto bo do PP e IF e a oposición dos grupos do PSOE, BNG e EU. Ademais da cesión do antigo centro de menores Soutomaior para convertelo nun aloxamento para estudantes universitarios con prezos públicos, o protocolo negociado a tres bandas contempla, entre outras cuesións, a reserva duha parcela de case 60.000 metros cadrados no hospital Novoa Santos para usos socio-sanitarios e educativos coa finalidade de facilitar a expansión do campus ferrolán.
O mesmo día da súa aprobación no pleno do Concello, o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto agradecía a dispoñibilidade do Concello de Ferrol para conseguir este acordo, se ben reiteraba a intención da institución que preside de seguir traballando por ter unha residencia universitaria no antigo cuartel Sánchez Aguilera, calificando de provisional o emprazamento no Soutomaior.
De todos os xeitos, Armesto recoñeceu que o poder dispór a partir do próximo curso da in-fraestrutura na cidade será moi importante de cara a atraer alumnado de fóra.

A UDC leva hoxe ao Consello de Goberno o acordo para a posta en marcha da residencia estudiantil

Te puede interesar