O colectivo Lumen converte o cine Adriano en obxecto dunha mostra e revíveo con proxeccións

O colectivo Lumen converte o cine Adriano en obxecto dunha mostra e revíveo con proxeccións
Diario de Ferrol-2015-05-06-014-2559c1c4_1

O colectivo fotográfico Lumen está a amosar as inmensas posibilidades artísticas dun vello cine de Barallobre do que só se agardaba a ruína. O proxecto “Adriano, sesión continua”, do que forma parte unha vintena de artistas, está a devolverlle a vida a un local que lla fixo sentir con máis intensidade a moitos veciños durante anos. Así, do traballo que durante meses se leva facendo na sala fenesa darase coñecemento este venres 8.
Ás 20.00 horas a Casa da Cultura acolle unha ampla exposición multidisciplinar con 17 traballos que abarca desde fotografías de parede ata instalacións, audiovisuais e outros soportes a cargo de Pitusa Arias, Tono Arias, Gimena Berenguer, Marta Barros Carnero, Rocío Brage, Colectivo Intermitente, Mª Dolores Fernández, Alba Gallo, Brandán Gómez, Carolina Martínez Rodríguez, Pablo Mella, Rosa Neutro, Mario Nodar Fernández, Emilio M. Pardo, Eduardo Pérez Gil, Álex Pérez, Rubén Rodríguez de Torres, Helena Segura-Torrella, Spam e Lupe Vázquez, e Gosia Trebacz.
A continuación, ao redor das 21.30 horas, o propio cine Adriano, situado á beira da estrada na parroquia de Barallobre, acolle a proxección dos audiovisuais que compoñen a exposición, cunha espectacular decoración elaborada especialmente e unha pantalla para a ocasión .

revivindo
O acto, aberto ao público, estará presentado pola actriz Sonia Castelo e contará tamén coa actuación do violinista Emmanuel Felpeto e nel falarán o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e os propios integrantes do colectivo Lumen. O evento, que durará ao redor de 40 minutos, rematará cun catering.

O colectivo Lumen converte o cine Adriano en obxecto dunha mostra e revíveo con proxeccións

Te puede interesar