“Castelao para crianzas”, unha proposta artística ilustrada con música en directo en Valdoviño

O parque do Aviño será o escenario da cita deste sábado, con entrada libre e de balde, e se o tempo non acompañara trasladarase ao local
“Castelao para crianzas”, unha proposta artística ilustrada con música en directo en Valdoviño
Obra de Pepe Rodríguez, o Ferreiro de Valdoviño, no espazo | CEDIDA

O público familiar con pequenos a partir de 5 anos terán este sábado un plan con entrada libre e de balde no parque do Aviño de Valdoviño, a partir das 18.00 horas. Trátase da intervención artística ilustrada, acompañada de música en directo, da compañía Lela Edicións “Castelao para crianzas”.


O departamento municipal de Cultura organiza esta actividade con motivo do Ano Castelao, cun emprazamento coidadosamente seleccionado. Tal como lembrou a concelleira da área Rosana García, o inmoble que acolle o local social alberga unha escultura  sobre esta figura, realizada por Pepe Rodríguez, coñecido como o Ferreiro de Valdoviño, que se recuperou durante o proceso de rehabilitación das instalacións. No caso de que o tempo non acompañase, o espectáculo trasladaríase ao interior do local. 

“Castelao para crianzas”, unha proposta artística ilustrada con música en directo en Valdoviño

Te puede interesar