O concurso Runas do Festival de Ortigueira abre a convocatoria para os grupos interesados

O concurso Runas do Festival de Ortigueira abre a convocatoria para os grupos interesados
Imagen de una edición anterior del concurso Runas en Ortigueira | AEC

As bandas de entre dous e dez membros que teñan un repertorio relacionado coa música tradicional dos países de orixe celta poden presentar xa as súas candidaturas ao concurso Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira até o vindeiro 29 de abril.


A organización lembra que os grupos interesados deben remitir, a través da sede electrónica do Concello ou polo correo electrónico runas@festivaldeortigueira.com, arquivos dixitais de catro temas musicais (polo menos tres deles deben ser de creación propia) en formato MP3, 64 ou 128 Kbps e cun tamaño máximo de 10 megas e cunha duración entre 1 e 6 minutos por canción. 

 

Cada un destes arquivos debe incluír o nome do grupo máis o nome do tema. Admitirase un tema adicional. Tamén ten que enviarse un dossier informativo sobre a banda –deben incluírse fotografías–, a relación dos temas e os seus autores, a solicitude de participación cuberta, o certificado bancario co número de conta, por se procede, e fotocopia do DNI ou pasaporte dos compoñentes. 


O comité técnico fará unha primeira peneira de dez grupos como máximo e desde o 7 de maio, votación popular. 

O concurso Runas do Festival de Ortigueira abre a convocatoria para os grupos interesados

Te puede interesar