Títulos nobiliarios e restos do franquismo en Ferrol

A Comisión Constitucional aprobaba o 4 de xullo o ditame da Lei de Memoria Democrática, que agora pasa a debate do Pleno do Congreso. O artigo 41 aborda o tema da Supresión de títulos nobiliarios: “La persona titular del ministerio elaborará un catálogo de títulos nobiliarios concedidos entre 1948 y 1978, que representen la exaltación de la Guerra y Dictadura, y se procederá a su supresión”.
 

Está pendente a aprobación definitiva dese catálogo, pero xa coñecemos a emenda presentada por PSOE e Unidas Podemos, que concreta a eliminación de 33 títulos nobiliarios: “Con los trabajos de investigación ya realizados es posible determinar en este momento los títulos nobiliarios y grandezas de España que incurren en causa de supresión por exaltar el golpe de Estado, la guerra y la dictadura, y a sus instigadores, dirigentes o participantes del sistema represivo o de las organizaciones que sustentaron al régimen dictatorial, lo que permite incluir una referencia expresa a los mismos en este artículo y establecerse de forma directa su supresión, siendo así el propio legislador, depositario de la soberanía popular, quien expulse del conjunto de títulos nobiliarios existentes en la actualidad aquellos cuya base está constituida por una serie de comportamientos atentatorios contra la dignidad humana y otros derechos fundamentales cometidos en épocas preconstitucionales”.
 

A concreción na lei desa relación facilita o seu cumprimento porque non se deixa á interpretación das distintas administracións. Isto terá repercusión, loxicamente, na eliminación doutro tipo de recoñecementos ou distincións a esas persoas que perden o título nobiliario: rúas, fillo adoptivo, fillo predilecto, medallas, retratos, esculturas, etc. No caso de Ferrol, esta lei afecta a estes títulos: Conde de Fenosa e Marqués de Suanzes.
 

Pedro Barrié de la Maza: Recibe o título de Conde de Fenosa (Forzas Eléctricas do Noroeste S.A.) o 1 de outubro de 1955 polos seus servizos á ditadura. O titular é desde 2011 José María Arias Mosquera, sobriño de Carmela Arias y Díaz de Rábago, segunda esposa de Barrié. Dá nome á rúa Pedro Barrié de la Maza de Ferrol e é Fillo Adoptivo da cidade desde o 16 de xuño de 1967. En Narón ten a Rúa Conde de Fenosa e a Estrada Conde de Fenosa.
 

Amigo persoal do ditador Franco, empresario (presidente de numerosas empresas como Astano) e banqueiro (presidente do Banco Pastor desde 1939), tivo un papel destacado no financiamento e apoio ao exército sublevado en 1936. Foi o principal promotor da Junta pro Pazo del Caudillo para que o pazo de Meirás chegase a poder de Franco e tivo un papel destacado para que a Casa Cornide da Coruña, que era patrimonio público, acabase como propiedade de Carmen Polo, esposa do ditador. Participou na depuración do persoal do Banco Pastor. Procurador nas Cortes franquistas de 1946 a 1967.
 

Segundo o traballo El negocio de la Guerra Civil en Galicia, 1936-1939. El papel estratégico de la economía gallega durante la Guerra Civil, financiación y suministro de bienes, de Margarita Vila e Elvira Lindoso da UDC, “O empresariado galego considerou a Guerra Civil como unha conxuntura excepcional, que aproveitaron para facer negocios de acordo coas necesidades do momento. El apoyo al bando vencedor de la Guerra Civil proporcionó una elevada rentabilidad al Banco Pastor en términos de un fuerte sostén político por parte del nuevo régimen”. As chamadas “doazóns patrióticas” do Banco Pastor (subscrición para Exército e Milicias, Auxilios á Poboación Liberada, Subsidio Combatentes, subscrición para vestiario do Exército, subscrición para avións e armamento, etc.) acadaron 454.888 pesetas no período 1936-1939.
 

Cumpríase así o que dicía Franco: “Nuestra Cruzada es la única lucha en la que los ricos que fueron a la guerra salieron más ricos” (discurso en Lugo o 21 de agosto de 1942). Como sinala o historiador Julian Vadillo (Los tentáculos de la dictadura: un gran negocio llamado franquismo; diagonal.net, 19-11-2015): “Grandes familias de este país medraron a la sombra del dictador. Pero no sólo se benefició a esas familias. El propio Franco hizo su fortuna a partir del golpe de Estado contra la República. El franquismo no sólo fue una maquinaria represiva sino también una gran empresa y un negocio que, en la actualidad, sigue reportando beneficios”. 
 

Juan Antonio Suanzes y Fernández: Recibe na ditadura o título de Marqués de Suanzes o 1 de setembro de 1960. O titular hoxe é Juan Antonio Suanzes y de Abrisqueta. Recibe o título de Fillo Predilecto no Pleno de Ferrol de 12 de maio de 1952 e ten tamén a Medalla de Ouro.
 

Militar golpista. En 1921 ascende a tenente coronel do Corpo de Enxeñeiros, sendo nomeado director do estaleiro de Cartaxena. Refúxiase como asilado na Embaixada de Polonia cando se produce o golpe de estado de 1936. En marzo de 1937 fuxe nun barco desde Valencia a Marsella e entra por Irún na zona controlada polos sublevados, presentándose a Franco en Salamanca e ofrecendo os seus servizos ao exército golpista. 
 

Ministro de Industria e Comercio na ditadura de 2-2-1938 a 11-8-1939. Coronel do Corpo de Enxeñeiros da Aramada en 1940. Director do Instituto Nacional de Industria (INI) de 1941 a 1961. Novamente Ministro de Industria de 18-7-1945 a xullo de 1951. Ascendeu a Xeneral de División do Corpo de Enxeñeiros.
 

O Pleno de Ferrol de 27 de novembro de 2008 aprobaba o cambio de nome do IES Marqués de Suanzes por IES Ferrolterra. O Pleno de Málaga, alcaldía de PP, retiráballe  en 2007 a distinción de Fillo Adoptivo e a Medalla de Málaga, concedida en 1962. O Pleno de As Pontes de xullo de 2017, alcaldía do PSOE, aprobaba unha moción presentada polo BNG para retirar a súa rúa. O Pleno de Puertollano (Cidade Real), alcaldía do PSOE, retiráballe en 2019 a Medalla de Prata e Brillantes concedida en 1953, cando era presidente do INI.
 

A Alameda de Suanzes non está afectada pola Lei de Memoria Democrática porque está dedicada a Victoriano Suanzes y Campo, por acordo do Pleno de Ferrol de 28 de xuño de 1879.

 

*Manuel Monge é sociólogo, expresidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Títulos nobiliarios e restos do franquismo en Ferrol

Te puede interesar