A modernidade de Otero Pedrayo

Fomos fillos da Transición á Democracia, pero non souberon explicarnos os clásicos galegos. Eles eran algo da nostalxia, perdido alén nun ruralismo que non casaba con nós, a primeira xeración de cultura netamente urbana. Para nós, a mocidade de aqueles anos, a cidade representaba a liberdade e o presente modernizador. Para nós, fillos duns pais galegos-falantes que nos educaron en castelán, por ser esta a lingua de prestixio social.


Así, Ramón Otero Pedrayo era un señor moi maior que se presentaba nas clases de lingua e literatura como algo alleo e dunha Galicia que xa non existía. Ninguén foi capaz de contarnos, por exemplo, que el sería o tradutor ao galego do “Ulises” de James Joyce. Obra literaria que racharía coa forma de entender a escrita, alumeando un novo xeito de facer literatura.


Otero, como toda a xeración Nós, vai personificar ese impulso da nova modernidade. Amosando a capacidade da nosa lingua para estar e entender o mundo, en igualdade cos demais idiomas e culturas. En 1926 publicará varios fragmentos do “Ulises” de Joyce, que deixa ás claras o interese de toda unha xeración por vincularse ao movemento anovador que percorría Europa de punta a punta. Modernidade e universalidade.

A modernidade de Otero Pedrayo

Te puede interesar

Luís Celeiro
Javier García Sánchez
Luís Celeiro
Javier García Sánchez