Gerardo Porto no Kiosko Alfonso

Cúmprense cen anos do nacemento do pintor Gerardo Porto (A Coruña 1925- Holanda 2010); con tal motivo, o Concello coruñés quixo renderlle homenaxe cunha mostra antolóxica, comisariada pola filla do pintor Isabel Porto e por Pedro Vasco, e que ten por escenarios a súa querida cidade da Coruña e Holanda, ademáis de Venecia. A súa estadía en París, grazas a unha bolsa da Deputación coruñesa, permítelle afondar no impresionismo e nos segredos da luz; neste senso, será decisivo o seu encontro con Matisse, en cuxo taller entra de axudante para preparar materiais, o que lle permite, ao mesmo tempo, recibir leccións de pintura do gran mestre. En 1950 viaxa a Holanda e pode ver en directo aos preimpresionistas holandeses e aos artistas da Escola da Haia, como Rembrandt ou Vermeer, pero, grazas a un empleado da Embaixada Española, consegue un traballo en Delft, onde coñece á que será a súa dona, Betty Le Blanch, coa que casa en 1952, na igrexa de San Jorge da Coruña. Por motivos económicos, deciden instalarse en Holanda e entra a traballar na televisión holandesa como técnico de iluminación. Nas estadías na Coruña dedícase á decoración de interiores. 


En 1982, tras xubilarse, retorna á Coruña. Aquí comenza a etapa que él chamará “plurifacetista” e que lle permite abrirse a diferentes linguaxes e a novos camiños, pero sempre buscando a poesía, a beleza e a expresión das emocións íntimas. “Galicia amamantoume. Francia ensinoume. Holanda desasnoume e a Cultura Atlántica deume a fascinación polo oculto e a luz do misterio”. Síntese planear este misterio nas súas atmosféricas composicións, onde as pinceladas soltas e as diluídas i envolventes manchas que fusionan as formas e desdebuxan os contornos, transforman a realidade inspiradora en espazos cheos de suxerencias de alén, dun agochado e fascinante máis alá. Os anos da súa mocedade coinciden cunha pléiade de grandes artistas coruñeses, como Labra, Lugrís, Antonio Tenreiro, María Elena Gago, Alfonso Abelenda, o fotógrafo Manuel Ferrol e Alejandro Pascual, entre outros. En 1948 expón no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, grazas ao marqués de Lozoya. En 1949 consegue unha bolsa para estudar arte en París, onde ten ocasión de empaparse do impresionismo, que  ten tanto que ver coa súa luz e as súas soltas pinceladas.


Xubilado en 1982 retoma a pintura con novos azos, etapa que chamará “plurifacetista” na que busca a poesía e as emocións anímicas. Son os anos do Millennium (1999) e de varios murais na Coruña, no polideportivo de San Diego, no Casino ou no Club do Mar de Santo Amaro. A súa pintura busca expresar con liberdade as “paisaxes da alma”: sentimentos íntimos, saudade, lembranzas e eses segredos que se agochan na psique humana, tamén a trascendencia. E todo adubiado pola difusa luz atlántica, os envolventes azuis, a sinfonía das bretemosas auras e voandeiras nubes que fusionan as formas co espazo e a escuridade que dilúe contornos e abre as portas do misterio.

Gerardo Porto no Kiosko Alfonso

Te puede interesar

Enrique Barrera Beitia
Jaime Rodríguez Arana
Enrique Barrera Beitia
Jaime Rodríguez Arana