Como estamos en período pre - electoral, xa comezan a aparecer as consabidas enquisas orientadoras das tendencias de voto, con bastante diferenza entre elas, segundo a procedencia dos enquisadores. Eu coido que malia as grandes diferenzas, esas enquisas poden ser moi orientadoras, se temos en conta que cada quen tira da brasa para a súa sardiña. Sendo así, poderiamos facer unha media ponderada entre os resultados das dúas enquisas máis distantes para os dous partidos de maior importancia e despois, aplicarlles un coeficiente corrector de un 0´2 ou 0´3 segundo a preferencia de cada un, con signo negativo para a candidatura preferida e, con signo positivo para a contraria. Haberá que agardar ata que teñamos unas enquisas máis achegadas ao o día das eleccións para facer a proba. Se cadra podería saír bastante aproximada. E sempre será un xeito de pasar o tempo, sen máis pretensións, para quen non teña moito que facer. Digo eu, claro.