Cambios que non se poden frear

O Cumio das Américas desta volta realizouse en “Los Angeles”, California. O acto inaugural estivo a cargo do presidente de Estados Unidos (USA), Joe Biden. O encontro deixou máis unha vez en evidencia a perda de peso político do imperialismo hexemónico. Numerosos países contestaron como se organizou o encontro. Non se tratou só dunha cuestión de exclusións, senón tamén en como se exerce o poder desta potencia, xa que está asociado a intervencións, sancións, e todo tipo de asoballamentos á soberanía e apoios ás ditaduras militares, mesmo aquelas que tinguiron de sangue seus períodos de governo. Neste caso concreto a presidencia do encontro correspondía aos USA que decidiron non convidar a Cuba, Venezuela e Nicaragua, aínda que si facelo con representantes e organizacións da oposición política nesas nacións.

Esta actitude antidemocrática de Washington, de ser xuíz e parte, non acadou a complicidade (ou os medos) doutros momentos, o que deixa en evidencia o cambio que se está a producir no mundo porén tamén an América Latina e o Caribe. Daquela que o presidente de México, López Obrador, decidise non asistir delegando a representación no ministro de exteriores, e o propio fixese Bolivia, Honduras, e varios pequenos países das Antillas. Outros como Guatemala e El Salvador fixérono por outras razóns.

As nacións non convidadas teñen todo o dereito a asistir porque forman parte do continente, e as reunións non teñen un carácter partidario e de apoio a unha potencia, senón o obxectivo de tratar cuestións que lles atinxen e todas elas. Este criterio tamén é defendido por moitos dos presidentes/as que asistiron ao Cumio, por exemplo: a Arxentina, Chile... Alberto Fernández manifestou que quería deixar constancia do rexeitamento da CELAC polas exclusións.

Atilio Boron lembra nun artigo que Biden só conta co apoio do 39% da povoación. Valora este prestixioso sociólogo arxentino, que este tipo de encontros carecen de sentido, máxime cando se utilizan con fins propagandistas pola nación á que lle toca a organización. Engade “que hai que acabar co dobre discurso de Washington en materia de dereitos humanos, porque: como explicar que Estados Unidos (igual que Canada) non sexan parte da Convención Americana de Dereitos Humanos e que descoñeza a competencia da Corte Penal Internacional?”. En fin, o mundo está mudando e as vellas potencias hexemónicas non queren aceptar o multilateralismo, a diversidade, que o planeta ten límites, e que cómpre xestionalo doutro xeito máis ecolóxico, xusto e solidario. O

Cambios que non se poden frear

Te puede interesar