Os clientes de R xa poden gozar da tecnoloxía 5G con independencia da tarifa que teñan contratada

O operador telefónico R puxo a disposición dos seus clientes a nova tecnoloxía móbil 5G, con independencia da tarifa que teñan contratada, sempre e cando que dispoñan dun terminal compatible con 5G, informa a compañía nun comunicado.


Grazas á rede 5G, R ofrece servizos de telecomunicacións móbiles coa última tecnoloxía dispoñible para asegurarlles a mellor experiencia aos seus clientes.



Nestes momentos son xa 140 os concellos de Galicia onde o operador galego proporciona cobertura 5G, que multiplica por dez a velocidade do 4G, reduce ao mínimo a latencia (tempo de resposta da rede) e permite xestionar unha cantidade inxente de datos a gran velocidade, explica a compañía telefónica. 

Os clientes de R xa poden gozar da tecnoloxía 5G con independencia da tarifa que teñan contratada

Te puede interesar