El director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, aseguró este viernes en Ferrol que “Galicia quere estar na primeira poxa de megavatios de eólica mariña”. Durante su intervención en la jornada “Enerxías mariñas, unha grande oportunidade para Galicia” organizada por Cluergal en el CIS Tecnoloxía e Deseño de A Cabana, Fernández Vila recordó que la exministra para la Transición Energética, Teresa Ribera, “dixo que o desenvolvemento das subastas terían lugar naqueles territorios nos que houbera unha maior vontade de instalar eólica mariña. Pois nós dicímolo claramente: Galicia quere estar aí porque, de non facelo, perderiamos unha oportunidade única”.
El alto cargo de la Xunta explicó que la defensa de este sector “non ten por que estar en contra do que levamos anos dicindo: que debemos desenvolver a eólica mariña garantindo a coexistencia e compatibilidade co medio mariño e coas actividades existentes”, por lo que reiteró que Galicia, “que xa estivo na vangarda da eólica terrestre, quere, en base a esa experiencia, estar na primeira poxa de eólica mariña para estar así tamén na vangarda desta nova tecnoloxía”.
Además, Fernández Vila lamentó “os case tres anos de atraso na folla de ruta do desenvolvemento da eólica mariña”, después de que en 2023 se aprobasen los Planes de Ordenación del Espacio Marítimo y, el año siguiente, el decreto que regula la producción de energía eléctrica a partir de instalaciones situadas en el mar.
En la parte más técnica de la jornada, los ponentes resaltaron que Galicia está ante una “oportunidade histórica” a nivel industrial y también como espacio de instalación idóneo de esas estructuras flotantes. El gerente de Cluergal, Oriol Sarmiento, moderó la primera mesa, centrada en la industria auxiliar. “La fabricación de jackets y plataformas en Ferrol y los avances tecnológicos desarrollados por centros de conocimiento y universidades muestra una cadena de valor preparada para semejante reto”.
La jornada sirvió también para dar a conocer diferentes proyectos que optimizan los procesos productivos y como el RISS, que subvenciona la Axencia Galega de Innovación y cofinancia la Unión Europea, o el Floatwind, que se centra en nuevas soluciones de diseño y fabricación.
O presidente de Cluergal, o naronés José Ramón Franco, avoga por un entendemento entre o Goberno central e o autonómico para o desenvolvemento da eólica flotante na costa galega e considera esta tecnoloxía unha “expectativa que hai que traballar a fondo e facela compatible con outros sectores”.
Como se pode aproveitar esa oportunidade que se abre?
Primeiro, captando investimentos para que a fabricación das infraestruturas da eólica flotante queden en Galicia, tendo como núcleo de fabricación Navantia pero con iniciativas que hai que ter en conta, como a de Nervión, cun proxecto de implantación no porto de Ferrol. Doutra parte está todo o que levamos tanto traballando de eólica mariña fixa e aí xa está consolidado un polo industrial con moita capacidade en infraestrutura e unha aposta forte por parte de Navantia, Windar e toda a cadea de valor. A eólica mariña fixa para outros países é unha actividade moi importante que move moito capital e traballadores.
Cales son as principais demandas que fan como clúster?
O primeiro é garantir que se siga desenvolvendo esta actividade de forma continuada: ten que haber proxectos, darlles percorrido, que haxa financiamento, tratar de que as entidades promotoras e financiadoras non marchen, que teñan a seguridade de que os investimentos van ter retorno. Por outra parte, seguir investindo en infraestrutura. Estase facendo un bo labor, con Nervión, Navantia e Windar traballando en gañar capacidades, ser máis produtivos e estar no mercado competindo e captando proxectos. Hai nesta zona, entre A Coruña e, sobre todo, a ría de Ferrol, moita capacidade para poder desenvolver máis volume de obra. E logo hai unha pata importantísima –e é onde podemos fallar–, que é o capital humano. Estamos tendo moitos problemas para conseguir personal cualificado e para que a xente se forme nalgunhas disciplinas necesarias. Hai un esforzo importante por parte dos centros de FP e un labor da administración e os empresarios para atraer persoal doutros países, pero iso ten un percorrido limitado. Se esas tres patas funcionan e se coordinan, este sector ten moitísimo percorrido.
Bota en falla máis axilidade na implantación dos cambios que precisa o sector, por exemplo, en materia de formación?
Por unha banda, faltan técnicos, titulados superiores. Pola outra, na FP estase a facer moito e bastante ben. Mellorable? Por suposto, pero os módulos vanse adaptando perfectamente á demanda e a especialización adoita ser boa. Se temos que sinalar algo no que si é necesaria unha mellora é na cualificación do profesorado, que ten que evolucionar de acordo coas novas tecnoloxías. As empresas podemos colaborar na captación de alumnos e hai que intensificar a colaboración entre empresas e centros de formación e a universidade. A relación é boa, pero insuficiente, e aí todos temos que implicarnos un pouco máis, tamén as empresas, e os centros flexibilizar un pouco a dinámica da relación. Se cadra, a administración debe abrirse un pouco ás suxerencias que lles trasladamos. Non quero dicir que non o fagan, pero non sempre teñen as ferramentas para cambiar dun día para outro. Gustaríanos que nos tiveran máis en consideración nalgúns aspectos porque iso redundaría en captar máis alumnos, en mellorar a eficacia da formación e en que a empresa se sinta máis partícipe do proceso de formación.