O programa municipal das Letras Galegas celébrase este ano coas AAVV

A música tradicional galega será a protagonista desta xornada, que se dedica á poesía popular oral e ás cantareiras
O programa municipal das Letras Galegas celébrase este ano coas AAVV
As cantareiras Gradaílle, do Toxos, serán parte das protagonistas da xornada | JORGE MEIS

A programación do Concello para o Día das Letras Galegas, sábado 17 de maio, cun cartel de Juanlu Nacha, organízase en colaboración coa Agrupación de AAVV da Zona Rural, a partir das 17.00 horas no local da asociación veciñal de Esmelle. Pola mañá, ás 12.00, tamén haberá un acto na praza Rosalía de Castro, que conta co apoio da AVV de San Xoán, a cuxo local se trasladará a cita en caso de choiva, na que intervirá a filóloga Aurora Valentina. Este ano réndese homenaxe á poesía popular oral e ás cantareiras que a transmiten, personificada en sete mulleres.


Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, catro Pandereiteiras de Mens, de Malpica, son as representantes de todo o colectivo homenaxeado. Trátase dunha proposta semellante á que xa se realizou en 1998 coa dedicación das Letras aos trobadores da ría de Vigo pola poesía medieval.


No transcurso do encontro en Esmelle actuarán as cantareiras Gradaílle, grupo dirixido por Maite López Blanco que nace no seo do Real Coro Toxos e Froles, unha agrupación que tamén subirá ao escenario para despedir a celebración. A música tradicional galega tamén estará a cargo de Encrucillada e, ademais, realizarase unha lectura sobre a vida e obra das homenaxeadas. Como colofón, Milladoiro celebra o seu 45 aniversario no teatro Jofre, ás 20.30 horas. 

O programa municipal das Letras Galegas celébrase este ano coas AAVV

Te puede interesar