Un obradoiro de “papaventos por Gaza” estrea o cartel de Ferrol Con Palestina

O programa mensual de citas culturais e reivindicativas remata soltando faroliños en Curuxeiras
Un obradoiro de “papaventos por Gaza” estrea o cartel de Ferrol Con Palestina
O primeiro encontro de "Voces por Palestina" celebrouse no espazo que comparten Fiada e Sarao Gallery | DANIEL ALEXANDRE

O colectivo Ferrol Con Palestina, adherido ao movemento BDS Galiza, organiza un programa de citas culturais e reivindicativas para este mes de agosto. A primeira terá lugar mañá, de 11.00 a 14.00 horas, no centro cívico de Canido, e consistirá nun obradoiro de “papaventos por Gaza”.


Dende a entidade animan a asistir coa familia e amizades a este primeiro encontro, no que se realizarán papaventos para voalos polas praias ferrolás. Ao día seguinte, e continuará todos os luns de agosto, convócanse Caceroladas Contra a Fame: ás 20.00 na praza do Cantón, ás 20.30 en Armas e ás 21.00 en Amboage.


O domingo 10 instalarase na praza Fernando Miramontes un Mercado Popular que incluirá información da campaña BDS e bazar gráfico, unha iniciativa que se repetirá o día 17, na rúa Irmandiños, a carón do mercado. A performance “Paremos o xenocidio” exhibirase o venres 22 por varios puntos da cidade, rematando no Cantón ás 21.00 cunha concentración.


“Palestina Resiste. Arte e cultura con causa” celebrará unha nova edición o sábado 30, de 12.00 a 17.00 no centro cívico de Canido. Para rematar, o domingo 31 ofreceranse, dende as 22.00 en Curuxeiras, pases de danza dabke, que se ensina o día previo, e soltaranse faroliños por Gaza.

Un obradoiro de “papaventos por Gaza” estrea o cartel de Ferrol Con Palestina

Te puede interesar