Novo prazo para o Memorial de Vítimas do Franquismo tras a petición de prórroga da empresa

Novo prazo para o Memorial de Vítimas do Franquismo tras a petición de prórroga da empresa
O monumento ubicarase en Canido, no parque Antón Varela I Jorge Meis

A empresa que se encarga da realización da base do Memorial de Vítimas do Franquismo de Ferrol, Eume e Ortegal informou por escrito ao Concello ferrolán de que, debido á carga de traballo, esta obra realizarase entre o 1 e o 15 de agosto. 


O historiador Xosé Manuel Suárez, un dos membros da comisión que impulsou este monumento –unha escultura de Manuel Patinha que se instalará no parque Antón Varela, en Canido–, expresou en redes sociais a súa preocupación respecto ao que poida acontecer co cambio de goberno, posto que o PP abstívose nas votacións que deron pé ao proceso.


A concelleira en funcións de Patrimonio, Eva Martínez, confirmou a data que propón agora a empresa que realiza a base e colocará a escultura.

Novo prazo para o Memorial de Vítimas do Franquismo tras a petición de prórroga da empresa

Te puede interesar