Incendio nun vehículo que circulaba dirección Narón

Incendio nun vehículo que circulaba dirección Narón
Os bombeiros no momento que apagaban as lapas

Os bombeiros do SPEIS de Narón recibiron un aviso do CAE-112 ás 8:38 horas desta mañá alertando de que na citada ubicación estaba ardendo un vehículo. Desplazados á zona confirman o suceso, producido nun Citroen C-4 e que afectaba á parte dianteira do vehículo. Á chegada dos profesionais do SPEIS o turismo non tiña ocupantes no seu interior e varios viandantes proxectaran, sen éxito, extintores portátiles para tratar de extinguir o lume. 
 
O turismo, que circulaba en sentido Ferrol-Narón, estabilizouse de urxencia, ao atoparse nunha zona de pendiente e os bombeiros realizaron tamén unha extinción combinada con auga en fase inicial e posteriormente con escuma, ata controlalo por completo.
 
Axentes da Policía Local de Narón tiveron que restrinxir o tráfico rodado nun carril da estrada de Castela, debido á posición do turismo.
 
Finalmente, os bombeiros procederon a eliminar posibles riscos na vía, produto da extinción, e líquidos nocivos que o propio turismo perdeu a consecuencia do incendio. Finalizada a actuación e á espera da retirada do vehículo por parte da grúa, os bombeiros regresaron ao parque, no Río do Pozo.

 
 

Incendio nun vehículo que circulaba dirección Narón

Te puede interesar