O “Galicia Ilusiona”, que chega a Ferrol en outubro, representou a Galicia no Congreso de Maxia de Turín

O “Galicia Ilusiona”, que chega a Ferrol en outubro, representou a Galicia no Congreso de Maxia de Turín
Galicia Ilusiona regresará este año al teatro Jofre | AEC

O Festival Galicia Ilusiona, que poderá verse na cidade de Ferrol  o 18 e 19 de outubro deste ano no teatro Jofre –as entradas xa están dispoñibles–, vén de representar a Galicia no Congreso Internacional de Maxia de Turín, no que tomaron parte os directores do evento, Pedro Bugarín e Dani Polo.


O Congreso reúne aos mellores magos do mundo que compiten por alzarse co título en distintas categorías.
Nesta edición, o galardón á mellor actuación de grandes ilusións foi para Mag Edgar, cunha actuación que foi elixida por máis de 2.000 magos de todo o mundo pola súa orixinalidade, espectacularidade e carisma en escea.

Precisamente, Mag Edgar estará presente en Galicia Ilusiona 2025 mostrando ao público o seu premiado número.


Na entrega do galardón estivo arroupado polos produtores do festival, que celebraron con el este importante recoñecemento.


Galicia Ilusiona, promovido por Turismo de Galicia, xa se consolidou coma un dos eventos de referencia de carácter internacional. En outubro recorrerá as sete principais cidades galegas cun cartel cos magos máis destacados do mundo, premiados tamén noutras edicións. 

O “Galicia Ilusiona”, que chega a Ferrol en outubro, representou a Galicia no Congreso de Maxia de Turín

Te puede interesar