Un dos ferroláns que partiron na Marcha a Gaza declárase en folga de fame

Xan Lopes vén de facer un comunicado en vídeo no que explica as súas motivacións
Un dos ferroláns que partiron na Marcha a Gaza declárase en folga de fame
Xan Lopes realizando o comunicado

Esta mañá de domingo, as redes sociais de Rádio Filispim, un medio ao que están vinculados os dous ferroláns que se sumaron á Marcha Global a Gaza, publicaron un vídeo no que un deles, Xan Lopes, realizaba un comunicado no que rexistra o inicio dunha folga de fame, no marco da campaña de divulgación sobre esta iniciativa solidaria.

 

Tal e como relata o propio activista, as medidas que comezou dende o mesmo momento de inicio do vídeo son “encerrarme no meu cuarto, deixar de comer e beber só auga até que, ou ben o goberno exipcio autorice a Marcha, ou ben teña que me ir o día 22”. Cómpre lembrar que, xunto ao seu compañeiro Inácio Martínez, permanecen neste país sen posibilidade continuar a travesía que os levaría a Rafah.

 

O motivo sobre o que se sustenta a decisión é solidarizarse coas persoas, e particularmente coas pequenas e pequenos, "que viven esta situación de forma criminal e ilegal, motivada pola barbarie sionista", así como "reclamar un cambio de actitude ao Goberno de Exipto, ao que solicitamos en tempo e forma o seu permiso”. En calquera caso, Lopes tamén quixo “agradecer ao pobo exipcio a súa amabilidade, comprensión e nalgún caso, mesmo a empatía e simpatía: un pobo milenario, sabio e xeneroso”.

 

Para rematar o comunicado, lembrou a "un dos líderes da nosa nación e da súa liberdade, o grande Castelao: Galiza é unha célula de universalidade; pero Palestina é libre, contra o fascismo e o sionismo, pola paz e a solidariedade entre os pobos".

Un dos ferroláns que partiron na Marcha a Gaza declárase en folga de fame

Te puede interesar