Fai sete anos, a academia musical “Dando la Nota” abriu as súas portas en Ferrol con Marta García Nieto como fundadora. Nun primeiro momento estaba ubicada na rúa Venezuela, pero dende 2022 a súa evolución e bo funcionamento provocou o cambio a un espazo máis grande na rúa Ponzos. O que comezou sendo un proxecto con 5 docentes e 15 estudantes medrou ata elevar estas cifras a 15 e máis de 270, respectivamente.
Actualmente, ofertan clases de guitarra clásica e eléctrica, baixo eléctrico, batería, percusión, piano, violín, viola, violonchelo, clarinete, canto lírico e moderno e outras especialidades máis innovadoras como produción musical, combos de percusión corporal, técnica vocal en grupo, así como clases de estimulación temprana.
A fundadora leva dende a súa infancia sabendo que se quería adicar á música cando aos 5 anos –durante unha viaxe a Madrid– quedou prendada ao escoitar a unha chica tocando o violonchelo na rúa, o que a levou un par de anos despois a comezar a súa formación nese instrumento.
Mentres cursaba o Grao Superior de Interpretación en Oviedo, descubriu que o que realmente lle apaixonaba era a ensinanza. Recorda como de pequena preparaba ela mesma libros para ensinarlle música á súa tía, e rematou cursando tamén o superior de Pedagoxía na mesma cidade, onde durante unha época foi mestra e directora da orquestra de nenos da escola “Divertimento”.
De volta en Galicia, deu clase de violonchelo na escola de música Charamela en Pontedeume, na Rockschool de Narón e no conservatorio de As Pontes. Dentro de que a ensinanza xa era a súa vocación, ela sentía que necesitaba algo máis de autonomía. “Al final, cuando hay una estructura tan fija con tanta tradición, aunque tú quieras hacer las cosas de otra forma no puedes”, explica Marta, “fue por lo que decidí abrir Dando la Nota, para hacer las cosas diferentes sin que nadie pudiese decirme que no lo podía hacer así”.
Outra das razóns que motivou á mestra a crear a súa propia academia foi a súa vivencia –común á de moitas persoas– , no conservatorio, no que se promove a excelencia como o resultado dun camiño repleto de durezas nun ambiente que moitas veces resulta competitivo. Marta afirma que abriu a escola “para crear un espacio seguro para los alumnos en donde aprendan disfrutando”, xa que é fiel crente de que é posible compaxinar esforzo con felicidade ao ser dous conceptos que non están reñidos.
Subliña como –seguindo en liña con estes valores– dispoñen dunha gran zona “destinada a nada en concreto, simplemente para que las familias vengan y puedan estar allí, sintiéndose a gusto y tranquilamente hablando”, xa que según ela, todo ten que empezar por “sentirlo como si fuese una segunda casa” polo que intenta que a escola constitúa “un hogar educativo”.
Marta afirma rotundamente que “la música no es una competición” e considera necesario que se lle outorgue a debida importancia á parte psicolóxica desta arte. “En otras disciplinas se le da mucho valor a estar preparado mentalmente, a tener descansos...y en la música, no”, opina, “por eso hacemos cursos de inteligencia emocional en el aula, en los que vienen unas psicólogas a dar una formación para los profes de la escuela”.
Marta fundou Dando la Nota “para crear un espacio seguro para los alumnos en donde aprendan disfrutando”
En Dando la Nota non so coida o disfrute dos alumnos, senón que tamén considera imprescindible unha boa aptitude e capacidade na docencia, e aínda que dende fora reciban peticións de engadir instrumentos concretos, Marta decide priorizar a optimización da ensinanza por enriba da demanda e unicamente ofertar “lo que yo creo que podemos hacer con calidad”.
Un dos factores que define a innovación desta academia é a especialización da fundadora e algunhas das mestras no método Gordon, de estimulación temprana musical. Trátase dunha metodoloxía baseada en como aprende o cerebro dun neno na que Edwin Gordon, o seu creador, ideou unha secuencia de varios aspectos musicais e unha serie de fases básicas (escoita, imitación e creación) para ensinar a crianzas de 0 a 3 anos.
Para Marta esta certificación foi toda unha revelación, e confesa que “fue una pasada ver bebés de dos o tres años cantando una melodía y haciendo la armonía”. Considera que esta metodoloxía “aporta mucho valor” ao non existir ningunha escola pola zona con esta mesma especialidade.
Ela aposta por unha educación diferente e á súa maneira, confiando e seguindo plenamente uns valores baseados nunha relación sana coa música, coidando os descansos e priorizando o disfrute desta disciplina por enriba dunha autoesixencia e perfeccionismo excesivo, disposta a mellorar a calidade da educación musical de Ferrolterra sendo, tal e como ela di, “la profesora que nunca he tenido”.
Trátase da única escola da zona que traballa co método Gordon para a estimulación temprana na música