O curso sobre China comeza introducindo á súa sociedade, cultura e lingua

A iniciativa parte da colaboración do Campus Industrial co Igadi e abarcará tres xornadas
O curso sobre China comeza introducindo á súa sociedade, cultura e lingua
Imaxe da cidade china de Qinhuangdao | LIU GUIFANG

Esta tarde de mércores terá lugar a primeira das tres sesións formativas do curso “China no horizonte do s. XXI: Sociedade, Cultura e Política Internacional” na Facultade de Humanidades e Documentación. Trátase dunha iniciativa que organiza o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional e o Campus Industrial, en colaboración co Observatorio da Política China.


A cita deste mércores, que se desenvolverá entre as 18.00 e as 20.00 horas, contará coa participación do doutor en Lingüística Aplicada e Adquisición de Linguas en Contornas Multilingües pola Universidad del País Vasco –UPV– Modesto Corderi Novoa. O profesional ocuparase de realizar unha introdución á sociedade, a cultura e o chino mandarín.


A seguinte formación virá a cargo da doutoranda en Estudos da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela –USC– Jia Bai Hui. Nesta proposta, que se celebrará o mércores 2 de outubro, a protagonista afondará nas diferencias culturais que existen entre China e Occidente.


A derradeira convocatoria do curso será o vindeiro mércores día 9, na que os protagonistas serán a directora adxunta do Observatorio da Política China –OPCh–, Marola Padín Novas; o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional –Igadi–, Daniel González Palau, e o secretario xeral da Asociación Latinoamericana de Estudios de Asia y África  –ALADAA–, Andrés Raggio Souto. Estes tres responsables debaterán sobre diversos asuntos, entre os que se atopa o proxecto “Novas Rutas da Seda”.

 

Colaboración

O acordo entre a Universidade da Coruña –UDC– e o Igadi foi asinado en 2022, un convenio que abarca diversos temas no eido da internacionalización, atendendo en particular á labor do OPCh. Así, o Edificio de Apoio ao Estudo conta cun espazo propio do Igadi, dende o pasado curso, co que pon a disposición un fondo bibliográfico especializado, especialmente útil para o grao en Relacións Internacionais.

O curso sobre China comeza introducindo á súa sociedade, cultura e lingua

Te puede interesar