O programa “Camiñadas entre lusco e fusco” retorna a Moeche durante o mes de xullo

Haberá un total de dúas rutas este verán
O programa “Camiñadas entre lusco e fusco” retorna a Moeche durante o mes de xullo
Concello de Moeche I CEDIDA

As rutas nocturnas do programa “Camiñadas entre lusco e fusco” voltan ao municipio modestino a próximo sábado día 5 de xullo. Esta cita, programada as 21.30 horas, será a primeira das dúas convocadas para a tempada estival. A seguinte terá lugar xa en agosto, en concreto o día 9, a partir das dez da noite. 


Ambas rutas contarán cun percorrido duns oito quilómetros, aproximadamente, e serán accesible tanto para nenos e nenas como para maiores. A duración será de dúas horas. 


Todos aqueles interesados poden realizar a súa inscripción a través do correo daniel.feijoo@moeche.gal. Será necesario levar foco ou linterna, chaleco reflector, así como roupa e calzado apropiado para a ocasión.

O programa “Camiñadas entre lusco e fusco” retorna a Moeche durante o mes de xullo

Te puede interesar