As redes sociais do Consistorio cariñés intentaban tranquilizar á veciñanza a raíz da praga de pulgas procedente dunha casa na travesía Centeás. “Dende o Concello”, explicaba a publicación de Facebook, “queremos transmitir que dende o primero momento que somos coñecedores desta situación, traballouse para solucionar a problemática poñéndose en contacto cunha empresa de control medioambiental”.
Trátase dunha situación denunciada polos afectados, alegando que “es una realidad que llevamos semanas sufriendo los vecinos: picaduras, pulgas en la calle, olores nauseabundos y animales afectados”, explicaba Luis Miguel Colorado, un dos perxudicados.
Neste sentido, este veciño remarca a problemática radica en que “el Ayuntamiento no se está haciendo cargo del control de las colonias felinas. Una gata se metió en la casa, núcleo de la infección, y de ahí se extendió”, asevera Colorado.
Dende o executivo local, pola súa banda, aseguran que “segundo comentan os profesionais que realizan a fumigación, mentres non se elimine o foco da plaga é moi complicado tratar con ela. Por outra banda, a rúa ten que estar seca para que o produto sexa eficaz”, remarcando desta forma que a “solución non é inmediata”.
Ademais, aseguran que “os operarios do Concello fan unha primeira actuación de maneira provisional”, á espera de que “a empresa comunique a data” na que empezará a operar.
Sen embargo, segundo os veciños, isto son “palos de ciego” por parte da administración local, mentres eles seguen vendo “cómo entran las pulgas en las casas y cómo nos muerden al treparnos por las piernas en cuanto salimos de casa. Hay quien ya ha puesto trapos con insecticida en las puertas para intentar paliar la situación”, comenta Colorado.
Expón que el, e tamén outros afectados, presentaron a documentación pertinente tanto ao Consistorio coma a Consellería de Sanidade, sen aínda ter resposta.
No comunicado do goberno cariñés explicaban que “o Concello non ten potestade para invadir unha propiedade privada, polo que o primero paso foi tomar nota da situación e iniciar o requerimento aos propietarios”, declaracións que contradín aos veciños, que aseguran que “el dueño de la casa vive en el extranjero y le dio permiso al Ayuntamiento para fumigar, pero este dice que la parte interna no es su competencia”, comentan.