Ghazafelhos leva a segunda parte do existoso “Bon appétit” a Cedeira, desta volta con sabor mexicano

Na proposta mistúrase gastronomía e humor coa aparición de personaxes como Pancho Villa e Frida Kahlo
Ghazafelhos leva a segunda parte do existoso “Bon appétit” a Cedeira, desta volta con sabor mexicano
A compañía Teatro Ghazafelhos naceu no 2006 da man de Montse Piñón e Pepablo Patinho | JERRY NOIA

“Ándale, Bon appétit!” é a peza que representará esta tarde de sábado, ás 19.00 horas, a compañía naronesa Teatro Ghazafelhos. O espectáculo, que se dirixe ao público familiar, terá lugar no auditorio municipal de Cedeira e o prezo da entrada é de 2,50 euros.


A axenda cultural municipal  inclúe esta obra teatral, que constitúe unha reposición da súa anterior proposta, titulada “Bon appétit!”, na que uns protagonistas con nomes tan sofisticados como xenuinamente franceses (por exemplo, Antuá de la Sardiní e Fransuá de la Berenxem) seguían o popular libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, “A cociña galega”.


As risas que provocaron a pequenos e maiores motivan a sacar esta segunda parte, na que os chefs Felipe, Antonio e Francisco xúntanse para preparar diversos “platillos” típicos da gastronomía mexicana. Sobre o escenario, o proceso de elaboración de tamales, enchiladas e tacos mestúrase co humor, co paso de mariachis e coa aparición de personaxes como Pancho Villa e Frida Kahlo.


O público que se achegue ao auditorio poderá aproveitar a exposición de libros e carteis de Castelao que se inaugurou esta semana e que permanecerá até o día 25, de 18.00 a 20.30. 

Ghazafelhos leva a segunda parte do existoso “Bon appétit” a Cedeira, desta volta con sabor mexicano

Te puede interesar