Finaliza esta tarde a primeira quenda de vacinación infantil, co 89% de participación

Finaliza esta tarde a primeira quenda de vacinación infantil, co 89% de participación
Decoración de Nadal e infantil e disfraces animan a pequenos e maiores | sergas

A primeira quenda de vacinación a nenos de menos de doce anos remata esta tarde en FIMO, tras catro días nos que se chegará, en orde descendente, a dispensar a primeira dose a nenos e nenas de nove anos, aínda que non todo este grupo de idade está incluído. Este traballo continuará cando volvan recibirse remesas do preparado de Pfizer para este grupo de idade, que ten menos concentración que a dos adultos. A previsión anunciada polo presidente da Xunta é que poida retomarse a principios de xaneiro.

Nos dous primeiros días de vacinación pasaron pola Malata 1.694 nenos e nenas, o 89% dos previstos.

A pesar da pausa neste grupo de idade, o traballo de inmunización continuará sen interrupcións, centrado nas persoas entre 50 e 69 anos. Agárdase vacinar a unha media de 1.600 persoas cada día e para iso establécense entre oito e once equipos, segundo a xornada. Tamén prosegue a recuperación de persoas que quedaron sen a dosis de reforzo nos maiores de 60 e ofrécese vacinación libre, sen pedir cita, a todos os que aínda non teñan ningunha dose.

A pandemia continúa a súa escalada, con 536 casos activos (14 máis que o día anterior) e con 36 diagnósticos en 24 horas, unha cifra algo menor que a rexistrada na xornada previa. No hospital Arquitecto Marcide hai unha persoa máis que está ingresada, chegando a nove. Delas, seis están en planta e tres na Unidade de Coidados Intensivos. Os falecidos durante toda a pandemia son 238. 

Finaliza esta tarde a primeira quenda de vacinación infantil, co 89% de participación

Te puede interesar