Ascenso

|

O ascenso político da segunda Vicepresidenta do Goberno, a nosa paisana dona Yolanda Díaz, semella que é imparable e, xa hai quen anda a sinalar a posibilidade de que sexa a próxima presidenta do Goberno Español. Eu estou seguro de que ten cualidades e coñecementos dabondo para chegar a ese posto e que, nese caso, a sorte dos traballadores de todo o país melloraría de xeito importante. Malia a súa valía, a ferrolá conta con importantes desavantaxes, como a de ser muller e de provincias e contar con importante inimigos políticos que non verán con bos ollos, a súa meteórica subida. Xa nalgúns medios de comunicación, comezan a tratar de desprestixiala, como fixeron anteriormente aquí, na súa propia terra. Malia que a coñezo persoalmente e que teño falado con ela nalgunha ocasión, considero que non son quen para lle dar consellos, mais a simpatía e a admiración que sinto por ela fanme temer que os que a sinalan como futura presidente, estean xa incitando a un ataque a fondo do “poder mediático”. Oxalá que non, pero...

Ascenso