A longa marcha

É evidente que os tempos políticos non son os mesmos que os da cidadanía. Quedan dous anos para as eleccións municipais e pouco máis dun ano para a proclamación de candidatos e para a confección das candidaturas, e nótase que isto pon nerviosas as diversas formacións. Todas están no discurso tremendista e sumando esforzos para danar a imaxe electoral do actual goberno municipal de Ángel Mato.


O problema de sobreactuar é que en exceso vólvese contra quen a exerce. Queda moito, pero tanto FeC como o BNG deberán explicar como pensan paliar o seu erro estratéxico de non formar parte do actual goberno. Pola banda da dereita, José Manuel Rey deberá ser cauto se non quere axudar a consolidar unha opción máis á dereita do seu propio partido, de feito hai quen está intentando capitalizar a frustración á que leva iso de que “todo en Ferrol está mal”. As municipais do 2023 abrirán un novo ciclo político.

A longa marcha

Te puede interesar