O roteiro “Tal como eramos. 1945” reuniu a douscentos participantes na Capela

O roteiro “Tal como eramos. 1945” reuniu a douscentos participantes na Capela
Imaxe dunha das pequenas representacións teatrais desenvolvidas no decurso deo roteiro | jorge meis

A Capela retrocedeu setenta e seis anos no tempo pare recrear algúns dos acontecementos vividos no municipio en 1945. Fíxoo co gallo dunha nova edición do programa “Tal como eramos” impulsado desde o Museo Etnográfico para recrear “o acontecer vital, social e histórico dos homes e mulleres da zona” no ano de referencia.

A iniciativa, que comezaba a súa andaina co programa dedicado a 1941, centrouse desta volta no ano que supuxo a fin da Segunda Guerra Mundial e que no municipio da Capela deixaba acontecementos como o sufrido pola poboación por mor dunha densa néboa que estragou completamente a colleita do ano ou a nova do asasinato dun veciño da zona no campo de concentración de Mauthausen.

Xunto a estas, outras historias daqueles tempos foron revividas onte nas pequenas escenas teatrais que se foron sucedendo no decurso dun roteiro teatralizado por diferentes escenarios da contorna da “Casa do Pazo”, sede do museo etnográfico. Arredor de corenta persoas implicáronse este ano na celebración para se converter, durante unhas horas, en actores e actrices para escenificar as historias diante do público. Un público, por certo, que en catro días esgotou as duascentas prazas dispoñibles. Divididos en oito grupos, os participantes –procedentes de diferentes lugares da comunidade– foron saíndo desde o punto de partida da ruta con 20 minutos de diferencia para ir parando a continuación en cada un dos 12 espazos nos que se desenvolveron as escenas teatralizadas.

O programa incluíu tamén a presenza dun posto de polbo e churrasco para os que quixeron quedan a xantar, así como o concerto do dúo de música folk The Duellist, que tamén participaron nalgunha escena da exitosa recreación da memoria local. 

O roteiro “Tal como eramos. 1945” reuniu a douscentos participantes na Capela

Te puede interesar