A vivenda pública (I)

O anuncio por parte do Ministro señor Ábalos da prohibición por lei, da privatización da vivenda pública, resulta sorprendente, por dúas razóns principais: a primeira porque procede dun goberno que se di de esquerdas e progresista; e a segunda, porque semella que non hai inconveniente en permitir a privatización de servizos tan indispensables como a recollida do lixo ou as acometidas da auga potable. O señor Ministro e o resto dos compoñentes do goberno deberían estudar a fondo ese problema, pois foi unha das preocupacións prioritarias dos sucesivos gobernos deste país. Xa no século XIX, os gobernos monárquicos e republicanos puxeron en marcha varios plans de construción de vivendas para xente humilde. Incluso El Rei Alfonso XIII, comentou en 1927 no 1º Congreso Nacional de Casas Baratas que, “a cada familia debería corresponderle un hogar”. No comezo da ditadura franquista, o goberno de Franco foi autor dun macro proxecto de construción de vivendas sociais en todo o Estado, coa intención de facer chegar ás clases humildes a posibilidade de acceso a propiedade da súa vivenda, condición recollida no regulamento correspondente, que establecía o sistema de amortización como preferido. Esa condición cumpriuse en casi todos os casos, agás no Concello de Ferrol, que cometeu unha auténtica estafa aos primeiros adxudicatarios

A vivenda pública (I)

Te puede interesar