A Xunta recoñece o traballo do IES Punta Candieira no concurso de Podcast Radio na Biblio

Mural de Rosalía pintado en Cedeira en 2019 |J. Meis

O Concurso de Podcast-Radio na Biblio que convoca a Xunta en colaboración coa Radio Galega vén de recoñecer o traballo “Voces para Xela” realizado polo alumnado do IES Punta Candieira, de Cedeira. O instituto é un dos oito premiados nesta terceira edición do certame e o único de toda a comarca de Ferrolterra. 


Os estudantes do centro de ensino cedeirés participaron na categoría de ensinanzas de bacharelato, persoas adultas e ciclos formativos. Nesa mesma modalidade, a Xunta tamén destacou a peza “Exóticas”, elaborada pola Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa. 


“Voces para Xela” é o título do proxecto elixido na categoría de Bacharelato e ciclos formativos


Nas outras categorías foron premiados “No berce da lingua”, do CEIP Plurilingüe de Outes, e “As aventuras do avó Manuel”, do CPI de Rodeiro –ensino infantil e primeiro ciclo de Primaria– e “Entrevista á nena Xela Arias”, do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, e “Na busca do felino”, do CEIP Mestre Manuel García de Oia, no caso da convocatoria para os cursos 3º a 6º de Primaria. 


Por último, en Secundaria foron galardoados os trabalos “Xela é moita Xela”, do CPI de Cervantes, e “Poesía que alimenta”, do IES Monte Carrasco de Cangas. 


Todos os centros participantes presentaron traballos sonoros con formato de entrevistas, cuñas publicitarias, noticieiros, faladoiros, debates ou monográficos, entre outros. 


Os gañadores recibirán 1.000 euros para investir en melloras no laboratorio de radio ou para actividades relacionadas con este recurso. Os podcasts serán emitidos nas vindeiras semanas na Radio Galega.

A Xunta recoñece o traballo do IES Punta Candieira no concurso de Podcast Radio na Biblio

Te puede interesar