seica en España hai unha lei que se chama do “Silencio Administrativo”, que se utiliza para “protexer” aos cidadáns diante dunha Administración Pública, cando a Administración en cuestión non responde. Mais non parece que esa lei obrigue aos Alcaldes dos Concellos a responder á petición de entrevista dun cidadán, para expoñer que se sente maltratado, desprezado e mesmo estafado, polo Concello que el está a representar, pois se así fose, seguro que as súas “ilustrísimas” terían un pouco máis de consideración cos seus conveciños. No caso do Concello de Ferrol, este semella xa ser un costume, consolidado desde hai varios anos, nos que algúns cidadáns e mesmo asociacións, foron e son marxinados, non sendo escoitados nin sequera para aportar posibles solucións a problemas importantes. Segundo o texto da lei, o silencio pode ser positivo ou negativo, respecto do tema e a petición que se faga, pero a realidade é que, se pides unha entrevista e non che contestan, a interpretación só pode ser negativa. Ou sexa: “que lei nin que raios? Se valen tres pitos, que o demo me leve!!”. Malia todo, hai quen afirma que temos Democracia Plena!. Érache boa se colara, non si?